• Número 399
  • 18 de xuño de 2018

Loita social

Porque o PASquín desta semana é máis reducido

18 de xuño de 2018 | Esta fin de semana, venres día 15 e sábado 16, participamos no festival organizado por Elviña Sons no que, unha diversidade importante de colectivos, tivemos espazo para colocar mesas nas que expoñer o material que producimos. No espazo reservado, entre outros estaban presentes o Centro Social Autoxestionado A Comuna, Acción Antifascista da Coruña, o Comité de Solidariedade cos Pesos Políticos... Apoiamos, tamén, no que puidemos, en labores de intendencia, o desenvolvemento do festival.

Universidade

Resumo da reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia - 12/06/2018

18 de xuño de 2018 | Como xa ven sendo habitual, antes da reunión coa Xerencia a Xunta de Persoal realizou unha reunión preparatoria. Na reunión adoptamos unha serie de acordos que, posteriormente se lle trasladaron ao xerente.

Universidade

Sentenza do recurso contra o concurso de traslados

18 de xuño de 2018 | Como vos informamos en reiteradas ocasións, presentamos, xunto con CCOO, recurso contencioso administrativo porque a convocatoria de concurso de traslados non contemplaba todas as vacantes. Hoxe, venres día 15, chegounos a sentenza.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

18 de xuño de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Política Social

A Sección Sindical da CUT da Consellería de Política Social continúa coas asembleas nos centros

18 de xuño de 2018 | Despois da asemblea realizada, na primeira semana do mes, no Centro de Atención a Persoas Maiores Volta do Castro, nesta pasada semana visitamos o Centro de Maiores Torrente Ballester e o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña. (C.A.P.D.).

CUT-Alternativas na Xustiza

Xunta e Fiscalía, represión sindical

18 de xuño de 2018 | A folga da Xustiza feriu nas entrañas do poder. Non poden permitir que sexa nun dos piares do seu estado de “pseudodereito” onde se dea exemplo de loita de clase e confrontación directa coa patronal, desta vez pública.

Oficina de Dereitos Sociais Coia

I Escola de Acción Social Crítica e Transformadora (Zaragoza)

18 de xuño de 2018 | "Se non houbese privilexios non habería miseria" foi o berro das xentes de Baladre desde os nosos comezos. Neles, a relación entre as persoas empobrecidas e as profesionais do traballo social, da educación social, da integración social... foi un reto no senso de enredarnos, comprendernos e darnos apoio ou de enfrontarnos e denunciar o control social exercido desde posicións políticas criminalizadoras da pobreza.

Opinión-Mari Fidalgo

8M: Nom estivemos todas, faltárom também as empobrecidas

28 de maio de 2018 | Qualquer açom política potente abre possibilidades de reflexom e mudança. Para além do momento pontual de intervençom é preciso que dê lugar a repensar discursos, imaginários e práticas. Que impulse a remodelar as nossas pautas políticas a partir da análise das presenças e ausências, portanto das relaçons e lugares de poder que atravessam o movimento.

Loita social

Os grandes medios ocultan a masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino

18 de xuño de 2018 | Ningún dos medios tradicionais en papel sacou o tema en portada, a pesar de que a marcha foi unha das máis numerosas dos últimos tempos en Santiago.

Lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial

18 de xuño de 2018 | Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018.- A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial amparándose na súa política de empresa. Wikipedia que ten como lema “a enciclopedia libre que calquera pode editar” prohibe editar a toponimia deturpada (casos como Arteijo, Tuy, Órdenes, Rianjo, Puentecaldelas ou Isla de Arosa entre outros moitos).

STOP Desafiuzamentos

Chamarano como queiran pero o sucedido en Cornellá foi un asasinato

18 de xuño de 2018 | Un home de 45 anos morreu a mans do sistema bancario e da lexislación criminal deste país, en materia de vivenda. Ía ser desafiuzado porque non podía facer fronte ao pago de o aluguer da súa vivenda ao Banco Popular.

Represión

Fiscalía recorre as sentenzas de Altsasu e dos disturbios de Iruña e insiste na acusación de terrorismo

18 de xuño de 2018 | Tanto a sentenza contra @s oito moz@s de Altsasu como a dos disturbios de Pamplona do 11 de marzo do ano pasado foron recorridas por fiscalía, que insiste en ver “terrorismo” nos dous feitos.

Opinión-Adolfo Naya

Contra a mina de Touro-O Pino: Unha loita global contra o capital

28 de maio de 2018 | Mentres as rúas de Compostela se enchen de dignidade, mostrando o carácter combativo do pobo traballador galego na loita contra a mina de Touro-O Pino e as multinacionais mineiras -como xa demostraramos na loita contra a mina de Corcoesto-, en moitas partes do mundo os pobos tamén están loitando contra estas multinacionais asasinas. É unha loita que forma parte inseparable do combate a escala mundial polo dereito dos pobos sobre os seus propios recursos, a súa auga, os seus bosques e a súa terra.

Xa abonda!!!

Unha lección

Videos