• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

Universidade

Resumo da reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia

Outro día de reunións. primeiro da Xunta de Persoal, posteriormente da Xunta de PAS coa Xerencia

O pasado día 8 realizouse unha nova reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia. A orde do día que, en principio, contemplaba o debate sobre as convocatorias de quenda libre, despois das decisións adoptadas na reunión previa da Xunta de Persoal trasladouse á proposta de Oferta de Emprego Público do ano 2018.

Na reunión previa a Xunta de Persoal toma a decisión de non remitir, de novo, as propostas á Xerencia e responsabilízase de estudar unha proposta alternativa que arranxe as eivas que se observan nas convocatorias remitidas, até o momento, polo xerente.

Esta decisión transmíteselle ao xerente na reunión posterior sendo aceptada quedando á espera de que o órgano de representación lle transmita a alternativa.

Sobre a Oferta de Emprego Público 2018

Despois de analizar exhaustivamente a normativa en materia de discapacidade e observar que segundo o establecido na Lei 2/2015 e Real Decreto 702/2017, de 7 de julio, por el que se aprueba la oferta de empleo público para el año 2017.

Que sinalan que:

"As prazas reservadas para persoas con discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatoria independente á dos procesos para a cobertura de prazas por quenda libre, garantíndose, en todo caso, o carácter individual dos procesos.

As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizaranse en convocatoria independente, excepto as de promoción interna, que se convocarán conxuntamente co resto da mesma.

No caso de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentou pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas nos procesos de acceso libre, non se poderán acumular á quenda xeral.

Nos procesos de promoción interna, as prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da quenda xeral destes procesos."

Dada a circunstancia remarcada e despois de realizar un estudo das oferta presentadas deducimos que a porcentaxe de reserva para esta quenda está amplamente superada, incluso engadindo a OEP 2018.

Ofertas de emprego e discapacidade

Oferta

Nº prazas

discapacidade

%

2015

4

0

 

2016

4

1

 

2017

21

3

 

2018

11

0

 

Total

40

4

10%


Polo tanto, instamos á universidade a que non presente, na OEP de 2018 ningunha reserva para esta quenda, limitándose a sinalar que as respectivas convocatorias respectarán a porcentaxe que corresponda.

Establecemos a non obrigatoriedade de sinalar na Oferta os prazas destinadas a esta quenda porque na OEP de 2015 non se contemplou e pasou o filtro da Consellería de Facenda.

Reiteramos que a Xunta de Persoal rexeita, por maioría, que se reserve para a quenda libre, na OEP 2018 unha praza da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña por entender que esta praza debería estar destinada a ser convocada como da escala administrativa grupo C1.

Reclamamos que se nos pase a listaxe de prazas que compren os requisitos establecidos no "II Acordo Goberno-Sindicatos para a mellora do emprego público e as condicións de traballo", e que son susceptibles de contemplar nos procesos de estabilización de emprego público establecidos neses acordos.

Requiriuse, tamén, que, as listaxes de agarda derivadas das respectivas convocatorias, sempre que sexa posible, se establezan coas persoas aprobadas e que non obtivesen praza nos procesos selectivos das convocatorias por quenda libre da acumulación de OEP

O xerente anuncia a apertura de consultas coas xefaturas dos servizos para iniciar a elaboración da nova proposta de RPT.

Quenda aberta de intervencións

Requíreselle á Xerencia, de novo, que revise a legalidade da petición do persoal interino

Instouse á universidade,  a reinstauración da xornada de 35 horas

Instouse a que a xornada reducida de verán, na UDC, se estableza desde o día 1 de xuño até o 31 de agosto.

Cumprimento do acordo e actualización das listaxes  de mobilidade interuniversitaria