• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

CUT

Terceira mobilización das traballadoras da limpeza da Xunta de Galiza

Unha batalla xusta, imprescindible e feminista

O comité de empresa do Grupo Norte, empresa concesionaria do servizo de limpeza do Goberno autonómico, convocou ao persoal de limpeza da Xunta de Galicia a unha nova mobilización que se realizou este xoves, 7 de xuño, para denunciar a discriminación salarial por cuestión de xénero que sofren no seu traballo. A mobilización realizouse diante da consellería de Presidencia en San Caetano, coincidindo co Consello da Xunta. 

O 90% dos traballadores da empresa son mulleres ás que non se lles recoñece o dereito ao complemento de toxicidade, penosidade e perigrosidade.

As traballadoras denuncian unha fenda salarial entre homes e mulleres traballadoras, tamén, coas mobilizacións, denuncian os excesos de carga de traballo que se producen ao non se cubrir as incapacidades temporais, vacacións...  

Unha batalla xusta, imprescindible e feminista. Ondean as bandeiras lilás fronte a Xunta porque estamos fartas de traballar por menos.