• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

Universidade

Resumo da reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia

11 de xuño de 2018 | O pasado día 8 realizouse unha nova reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia. A orde do día que, en principio, contemplaba o debate sobre as convocatorias de quenda libre, despois das decisións adoptadas na reunión previa da Xunta de Persoal trasladouse á proposta de Oferta de Emprego Público do ano 2018.

Universidade

Concurso de traslados, vista do contencioso administrativo

11 de xuño de 2018 | O día 6 de xuño, por fin, realizouse a vista do recurso interposto por CCOO e APA contra o concurso de traslados por non contemplar todas as vacantes. Agora só queda agardar pola sentenza da que vos daremos cumprida información.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

11 de xuño de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Política Social

Asembleas nos centros de Política Social

11 de xuño de 2018 | O día 7 de xuño comezamos a realización de asembleas nos centros dependentes da Consellería de Política Social. O primeiro que visitamos foi o Centro de Maiores Volta do Castro na cidade de Compostela.

CUT - Comunicado

Posición da CUT diante do novo Goberno do estado

11 de xuño de 2018 | O Réxime do 78, artellado para o desenvolvemento e afianzamento do capitalismo, demostrou unha vez máis a súa fortaleza. Co estalido da crise apareceu unha fenda no sistema que levou, á clase traballadora, a pensar na posibilidade dun cambio político real. A rúa reviviu en teatro de confrontación de clase, os discursos políticos recuperaron palabras nosas que ficaran no esquecemento durante os anos da fin da historia, e así volvemos escoitar falar da loita de clases, de marxismo, de explotación, de burguesía explotadora, de capitalismo parlamentario, de proletariado… ata que este novo movemento popular foi visto coma unha oportunidade para potenciar novas siglas.

CUT-Alternativas na Xustiza

Plan de actuación negociados entre os traidores e a administración.

11 de xuño de 2018 | O acordo asinado entre os pseudosindicatos e a Xunta (DOG de 30 de maio), contémplaos a eles como aos únicos con posibilidade de negociar o desenvolvemento e aplicación do plan de actuación.

CUT

Terceira mobilización das traballadoras da limpeza da Xunta de Galiza

11 de xuño de 2018 | O comité de empresa do Grupo Norte, empresa concesionaria do servizo de limpeza do Goberno autonómico, convocou ao persoal de limpeza da Xunta de Galicia a unha nova mobilización que se realizou este xoves, 7 de xuño, para denunciar a discriminación salarial por cuestión de xénero que sofren no seu traballo. A mobilización realizouse diante da consellería de Presidencia en San Caetano, coincidindo co Consello da Xunta.

CUT - CRTVG

Outro venres negro na CRTVG

11 de xuño de 2018 | As traballadoras e traballadores da televisión e radio galegas mobilizáronse, un venres máis en contra o desmantelamento dos medios públicos, contra a manipulación informativa e pola creación do Consello de Informativos. A protesta que xunta mobilización cunha vestimenta negra, suma cada venres máis participantes.

FSM - Comunicado

A FSM condena enerxicamente a represión e o autoritarismo do Estado español ante o caso Altsasu

11 de xuño de 2018 | A Federación Sindical Mundial (FSM) en representación de máis de 92 millóns de traballadores e traballadoras afiliadas en cada recanto do mundo, condena enerxicamente a represión do Estado español trala condena de 13 anos de cárcere ás e aos mozos de Altsasu, Euskadi.

CUT - Solidariedade internacionalista

Denunciamos o asasinato de Soumaila Sacko

11 de xuño de 2018 | A semana pasada foi asasinado en Italia o inmigrante maliense Soumalia Sacko, traballador de 29 anos, afiliado ao sindicato USB e destacado activista social na defensa dos dereitos das traballadoras inmigrantes.

CUT - Solidariedade internacionalista

Solidariedade cos estibadores do Pireo en Grecia

11 de xuño de 2018 | Os estibadores portuarios do Pireo (Grecia) levan catro días en Folga reivindicando os seus dereitos laborais fronte a empresa COSCO, que intenta eliminar os máis básicos elementos da negociación colectiva. De xeito simultáneo a Xustiza grega acaba de declarar ilegal a convocatoria de Folga exercitada por este colectivo portuario.

CUT - Secretaría das Mulleres

Non estades soas! Defensa e apoio ás xornaleiras de Huelva

11 de xuño de 2018 | A indignación e a rabia atravésannos por completo ante as agresións sexuais e a explotación laboral sufridas polas compañeiras xornaleiras do amorodo de Huelva. Nestas terras andaluzas prodúcese a maior parte dos amorodos españois e quen os traballa son na súa maioría mulleres marroquís contratadas no seu país de orixe.

Sanidade Pública

O deterioro da sanidade pública ten un máximo responsable: Feijóo

11 de xuño de 2018 | O goberno de Rajoy actuou desde o primeiro momento, e de forma implacable, co obxectivo de degradar e descapitalizar os servizos públicos para xerar espazos de negocio ás empresas privadas. A sanidade foi seriamente atacada.

Loita social

Na auga de Ferrol mandan os cartos (e paga a veciñanza)

11 de xuño de 2018 | A empresa que comparte co concello a xestión da depuradora vén de conseguir que un xuíz lle dea a razón na reclamación de cantidades atrasadas por un servizo que non funcionaba, malia que non funcionaba.

Sanidade Pública

Radiografía da sanidade galega: máis precariedade e máis privatización

11 de xuño de 2018 | Os recortes, as externalizacións, os centros concertados non son os únicos puntos definitorios da política sanitaria do actual Goberno da Xunta de Galicia. Tamén existen unha serie de actuacións sobre o persoal sanitario que, cando menos, resultan cuestionables mesmo para os tribunais de xustiza.

Oficina de Dereitos Sociais Coia

Entrevista a David Muñoz: "A precariedade normalizouse tanto que deixou de verse como tal"

11 de xuño de 2018 | Partillamos unha entrevista a David Muñoz Rodríguez (Sociólogo da Universitat de Valencia e membro de Baladre) que fixo Cristián López para Sermos Galiza. O tema desta conversa é a precariedade, tema que David analiza no libro: "En las cárceles del capital humano. Nuevas precariedades y formas de subjetivación de los procesos contemporáneos de precarización". Deixamos a entrevista publicada no especial: "Desfacer en común a precariedade" publicado no Sermos Galiza do 19/04/2018

Sanidade Pública

Colectivos médicos denuncian un aumento da corrupción se se elimina a dedicación exclusiva

11 de xuño de 2018 | A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), lanza un manifesto no que sinalan as consecuencias que tería a supresión dunha única dedicación na sanidade pública, entre elas, aumento de listas de espera e as derivacións á sanidade privada..

Racismo - Sexismo - Explotación laboral

As moras da fresa contra o racismo e o sexismo

11 de xuño de 2018 | Durante estes días, os niveis de revictimización e paternalismo que puidemos observar, escoitar e ler en relación ás protestas e denuncias das mulleres marroquís, traballadoras temporais da fresa na provincia de Huelva, alcanzaron niveis insoportables. España parece estar sorprendida duns feitos que levan anos sucedendo e levamos unha década denunciando.

Lingua

O día en que Grande-Marlaska definiu o galego como “dialecto”

11 de xuño de 2018 | Así cualifica o idioma o daquela maxistrado da Audiencia Nacional no marco da causa que instruíu en 2008 contra 4 independentistas galegos por queimar unha foto do Borbón.

Loita obreira

O persoal dos arquivos galegos reclama condicións laborais dignas

11 de xuño de 2018 | Este sábado 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos. Na véspera desta conmemoración o persoal dos arquivos galegos convoca concentracións ante os seus centros de traballo, unha mobilización impulsada pola APTAX (Asociación Profesional de Arquiveir@s da Xunta de Galicia) que terá lugar ás 12 horas e que incluirá a lectura dun manifesto.

SOS Sanidade Pública

SOS Sanidade Pública convoca concentracións nas diferentes áreas sanitarias contra a privatización

11 de xuño de 2018 | A sociedade galega está chamada de novo a manifestarse por unha sanidade pública e universal. A plataforma SOS Sanidade Pública convocou concentracións nas diferentes áreas sanitarias o vindeiro mércores 13 de xuño.

Opinión-Diego Lores

A precariedade oprime a diario

28 de maio de 2018 | Podemos medir en horas as ideas que defendemos. Dito doutro modo, a nosa ideoloxía expresase no noso día a día-non sen contradicións- a través do tempo que lle dedicamos a poñer en práctica as nosas teorías sobre a vida e o mundo. Dende os poderes seica se decataron disto.

Faladoiro con Pablo Hasel

Elviña non se Vende!

Videos