• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

FSM - Comunicado

A FSM condena enerxicamente a represión e o autoritarismo do Estado español ante o caso Altsasu

É evidente que a medida que medra a inxustiza social, o empobrecemento da poboación e o desmonte das conquistas laborais, vaise agudizando o autoritarismo e a represión do estado burgués contra o pobo

A Federación Sindical Mundial (FSM) en representación de máis de 92 millóns de traballadores e traballadoras afiliadas en cada recanto do mundo, condena enerxicamente a represión do Estado español trala condena de 13 anos de cárcere ás e aos mozos de Altsasu, Euskadi.

Este fallo da Audiencia Nacional que impuxo penas por delitos de “atentado” aos axentes da autoridade súmase a unha longa serie de accións por parte do Estado español que buscan intimidar e amedrentar ao pobo e aos estratos populares. É evidente que a medida que medra a inxustiza social, o empobrecemento da poboación e o desmonte das conquistas laborais, vaise agudizando o autoritarismo e a represión do estado burgués contra o pobo. Iso pasa en toda a Unión Europea e é unha directriz da mesma.

A FSM declara alto e claro que ningunha persoa non ten que ser reprimida ou perseguida a causa das súas ideas e conviccións. Así mesmo reitera a súa solidariedade internacionalista cos pobos do Estado español nas súas loitas contra a burguesía e o capital.

O Secretariado

Atenas, o 4 de xuño de 2018