• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

Universidade

Concurso de traslados, vista do contencioso administrativo

O día 6 de xuño, por fin, realizouse a vista do recurso

O día 6 de xuño, por fin, realizouse a vista do recurso interposto por CCOO e APA contra o concurso de traslados por non contemplar todas as vacantes. Agora só queda agardar pola sentenza da que vos daremos cumprida información.

A  base na que se fundamentou a universidade xirou arredor dunha pretendida indefinición argumentativa da nosa representación ao establecer segundo o criterio da representación institucional, unhas veces a transcendencia do acordo asinado o 20 de novembro de 2015 e outras restarlle valor. Sinalou a representación da universidade un sen número de lexislación na que se apoia a decisión adoptada de non sacar a concurso todas as vacantes, establecendo que, como se sinalou na acta do Consello de Goberno do 29/03/2017 no que se aprobou a OEP e na que se  contemplaba o concurso de traslados. Na acta da sesión recóllese, referíndose ao concurso:

“A oferta realizada nesta convocatoria de provisión acomodarase ao proceso de promoción interna descrito, que se convocará en canto legalmente sexa posible e que, á súa vez, posibilitará o consecuente proceso de provisión de postos.”

Pola súa parte a representación dos recorrentes (nosoutros) fundamentou o recurso no establecido no punto 2 do acordo asinado en novembro de 2015 no que se sinala que:

2.- CALENDARIO PARA A EXECUCIÓN DE CONVOCATORIAS DE PROMOCIÓN INTERNA.

Co obxecto de continuar coa execución do proceso de Funcionarización acordado o 13 de xullo de 2012, de avanzar nos procesos de promoción interna tanto das escalas xerais canto especiais nun marco temporal razoable en termos orzamentarios e de capacidade de xestión, e considerando que no último trimestre de 2016 deberase convocar o correspondente concurso de vacantes, proponse o seguinte calendario de traballo, que deberá reflectirse nas correspondentes ofertas de emprego público...

Como vos sinalamos, agardamos a sentenza.