• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Acumular o máis que se poida

Nas asembleas sempre se nos dixo que a Xunta de Persoal optaba pola acumulación de ofertas para conseguir un número de prazas digno. Entendín sempre que esas acumulacións estaban limitadas pola norma e que nese marco era onde vos iades mover. O persoal interino entendemos, fixemos unha petición neste senso, que debedes cumprir o falado nas asembleas, agardar o tempo que legalmente se poida para presentar o número máis digno posible de prazas na convocatoria.