• Número 398
  • 11 de xuño de 2018

CUT-Alternativas na Xustiza

Plan de actuación negociados entre os traidores e a administración

Da lectura da folla informativa dos traidores, podemos sacar varias conclusións

O acordo asinado entre os pseudosindicatos e a Xunta (DOG de 30 de maio), contémplaos a eles como aos únicos con posibilidade de negociar o desenvolvemento e aplicación do plan de actuación.

Cabe recordar que as negociacións comezaron xa no mes de febreiro, Juan José Martín (Director Xeral de Xustiza), desvelou "que la Xunta mantuvo "desde el mes de febrero contactos, a veces discretos, con todo el mundo que quiere  contactar  o se deja  contactar", en referencia a las reuniones que posteriormente, según dijo el vicepresidente, Alfonso Rueda, existieron con representantes de SPJ-USO, FeSP UGT, CSIF y CCOO, mientras quedaron al margen Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ y CIG" (El Ideal Gallego.- 05/ 05/ 2018).

Da lectura da folla informativa dos traidores, podemos sacar varias conclusións :

CAT (Complemento Autonómico). Nin sequera lograron que as cantidades fosen con carácter retroactivo a 1 de Xaneiro de 2018 (en Madrid, Asturias, con cero días de folga - sen descontos- si o lograron).

Agora xa non son capaces de afirmar que as cantidades se cobren no mes de xuño, xa falan do mes de  xullo (e culpan a o CIXTEC), "menos mal que tiñan o acordo pechado en marzo".

Que co actual acordo para o ano 2018, os Xestores quedarán no 9º posto e os tramitadores  no 8°.

CLAÚSULA DE REVISIÓN. Abócanos a que Galicia, no mellor dos casos, quede no 6° POSTO entre as Comunidades do Estado e moitos anos no 7° POSTO.

DESCONTOS INCAPACIDADE TEMPORAL. Que ata a publicación dos Presupostos Xerais do Estado non haberá ningún tipo de modificación .Importante lembrar que a modificación da normativa ven do Ministerio, a Xunta de Galicia tampouco fixo nada neste punto .

SUBSTITUCIÓNS. Tampouco lograron que se cobren con efecto retroactivo a 1 de xaneiro de 2018 tras unha folga de 3 meses (cun seguimento por riba do 90%) .É para chorar .

Con respecto ás PRAZAS DE REFORZO DE MÁIS DE TRES ANOS, que serían obxecto de consolidación, o único seguimento que podemos ver e o listado das prazas en si, nunha sorte de "no-do" da xustiza .

PLAN DE MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DO ANO 2012, o "mérito"  que acadaron neste acordo negociado ás costas d@s traballador@s, malia existir unha amortización de 106 prazas desde o ano 2012, é o "compromiso " da administración de ofertar no próximo concurso de traslados as  prazas amortizadas nas Seccións Penais das Audiencias Provinciais (non podemos esquecer que das  106 prazas amortizadas, un 5 por cento do total do cadro de persoal da administración de xustiza en Galicia, só 10 tiñan o "visto e prace" do Ministerio de Xustiza, sendo as restantes 96 amortizadas de "xeito unilateral ,e torticeiro" pala  Xunta  de Galicia.

A realidade é que a Administración só ofertará no próximo concurso de traslado unha praza (tramitación) das catro  amortizadas  (1 xestión, 2 tramitación, 1 auxilio) en cada unha das seccións penais de todas as Audiencias Provinciais de Galicia. Respecto das seccións civís non se repoñerá ningunha das prazas xa amortizadas.

XULGADOS EN MATERIA DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER. Meter este punto, (lembremos que non era  ningún  dos  5  puntos  reivindicados),  é  un  verdadeiro errotanto para os traballadores como para as mulleres.

Con este acordo os traballadores galegos quedan moi por debaixo do complemento en Violencia que teñen outras CC.AA. e non soluciona ningún dos problemas con respecto a prolongación da xornada tanto nas cidades como nas vilas, a carga incontrolable do traballo, a falta de medios, as medidas de seguridade, servizo de garda, etc. Con respecto as vítimas a situación aínda  é peor, pois non se trata nada sobre os psicólogos, falta de espazos para as vítimas, familiares,  etc .

PLAN DE  RECUPERACIÓN DE TRABALLO.  A  negociación  deste  plan  reflicte o interese que os traidores tiveron durante a folga, negociación "por detrás" e, agora,  cun plan o que:

‾   Hai que apuntarse de maneira voluntaria sen saber por canto tempo nin as condicións.

‾   Todo o mérito é que recuperación de horas sexa en horas extra (xestor 29,97€, tramitador 22,66€, auxilio 17,03€) e non en prolongación de xornada ( 10  horas ao mes, xestor 330€, tramitador 270€, auxilio 240€), o que provoca que un xestor perda nesas dez horas 40 euros, un tramitador 50 euros e un auxilio 70 euros.

   Non aclara qué xulgados entrarán no mes de setembro .

‾   Non aclara cantos funcionarios participarán, nin o número de horas, nin o número de días. É dicir, que se hai moitos "voluntarios" haberá pouco diñeiro e poucos días .

‾   Os esquirois entrarán nos plans de actuación sen ningún rubor, e moitos folguistas quedaran fóra. (Situación que non aconteceu na folga de CANARIAS, onde o Tribunal Superior de Xustiza e Fiscalía soamente son escoitados e as condicións e requisitos de participación son negociados directamente coas organizacións sindicais).

A aplicación do plan de actuación prevese que sexa neste mes de xuño nos servizos comúns, decanatos e Imelga.

O resto de órganos xudiciais adiarían a implantación ao mes de setembro. Outra mostra clara do interese tanto por parte da administración como dos sindicatos asinantes do acordo  de dar saída  ao traballo  atrasado.