• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

A Sección Sindical de Política Social inicia a convocatoria de asembleas nos centros

Comeza a campaña para conseguir que se nos compense o traballo en domingos e festivos

Dentro da campaña pola restitución do artigo 19 do Convenio Colectivo, que empezamos cunha recollida de sinaturas pola compensacion de domingos e festivos, a Sección Sindical de Política Social da provincia da Coruña comeza un percorrido polos centros de traballo nos que irá convocando asembleas. Iniciamos este circuíto o vindeiro día 7, ás 14:30 h., en Compostela, no centro Volta do Castro.

O calendario de visitas e asembleas complétase con:

* Oleiros realizarase posteriormente á xuntanza coa Xefatura Territorial

* Xoves 14 de xuño 14:30 horas Torrente Ballester e C.A.P.D. da Coruña

* Xoves 28 de xuño 14:30 horas Ferrol, Carballo e Porta do Camiño en Compostela

ORDE DO DÍA:

- Situación do Comité de Empresa

- Situación da temporalidade

- Sinaturas pola reposición do art. 19

- Situación do centro

-