• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Universidade

Resumo da reunión Xerencia-Xunta de Persoal do día 31 de maio

04 de xuño de 2018 |O pasado día 31, tivemos unha reunión da Xunta de persoal na que preparamos a posterior xuntanza convocada pola Xerencia. A orde do día enviouse, por correo electrónico, a todas as traballadoras e traballadores.

Universidade

Resumo da reunión do Consello de Goberno do día 29/05/2018

04 de xuño de 2018 | Asistimos a unha reunión que, como se sinalou na orde do día que vos xuntamos no anterior PASquín, no seu desenvolvemento non aparecía ningún punto específico que afectase ao noso colectivo directamente. Como xa sinalamos noutros momentos, a nosa presenza no órgano de goberno non está condicionada a esta circunstancia. Pensamos que como parte da Comunidade Universitaria temos o dereito e a obriga de participar nos espazos onde se toman as decisións que afectan ao devir institucional dando o noso parecer.

Universidade

Día 6, vista do contencioso do concurso de méritos

04 de xuño de 2018 | A terceira será a definitiva?. Despois de dous aprazamentos, agardamos que finalmente o vindeiro día 6, ás 10 da mañá, na sala do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 da Coruña, se celebre a vista do xuízo do expediente de Concurso de Méritos contra a Universidade de A Coruña.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

04 de xuño de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Sección Sindical da Consellería de Política Social

A Sección Sindical de Política Social inicia a convocatoria de asembleas nos centros

04 de xuño de 2018 | Dentro da campaña encamiñada a que se nos compensen os festivos traballados, e que iniciamos cunha recollida de sinaturas, a Sección Sindical de Política Social da provincia da Coruña comeza un percorrido polos centros de traballo nos que irá convocando asembleas. Iniciamos este circuíto o vindeiro día 7, ás 14:30 h., en Compostela, nos centros “Porta do Camiño” e “Volta do Castro”.

CUT-Alternativas na Xustiza

Funcionarios da Xustiza denuncian "represión da Xunta" polo expediente a dous delegados sindicais

04 de xuño de 2018 | Funcionarios da Xustiza concentráronse desde martes en varias cidades e localidades galegas para denunciar "represión sindical" ante os expedientes abertos a Consuelo Rodríguez (delegada sindical da CIG) e Javier Fernández (delegado de Alternativas na Xustiza-CUT).

CUT-Alternativas na Xustiza

Comunicado do comité de folga

04 de xuño de 2018 | Na reunión mantida na mañá de hoxe en Santiago de Compostela polo Comité de Folga, integrado por Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG, redactou un comunicado no que, por maioría, e despois de 114 días, acordou desconvocar a folga indefinida iniciada o día 7 de febreiro e preavisada o día 11 de decembro de 2017:

CUT

As mulleres que limpan a Xunta din basta xa!

04 de xuño de 2018 | O pasado 24 de maio, a totalidade de traballadoras da limpeza da Xunta de Galicia (privatizada) e que actualmente xestiona a empresa Grupo Norte, sairon á rúa para reclamar xustiza polas súas condicións laborais.

CRTVG

Venres negro na CRTVG contra a manipulación

04 de xuño de 2018 | Os compañeiros e compañeiras da CRTVG, mobilizáronse, un venres máis contra o desmantelamento dos medios públicos, contra a manipulación informativa e pola creación do Consello de Informativos.

Represión

A Audiencia Nacional condena @s moz@s de Altsasu a penas de 2 a 13 anos

04 de xuño de 2018 | A pesar de non poder acreditar o cargo por terrorismo “”, mantén os demais e aplícalles a pena máxima de 2 a 13 anos; incluído o agravante de abuso “de autoridade”. Non se atreveron a unha delirante e escandalosa sentenza de terrorismo ‘’, pero a condena a @s moz@s de Altasu son durísimas, de ata 13 anos por unha pelexa de bar.

Represión

Multa de 1.800 euros a 3 activistas galegos por despregar unha pancarta solidaria cos presos políticos cataláns

04 de xuño de 2018 | A finais de setembro pasado na Praza de Galiza de Compostela tivo lugar unha manifestación de solidariedade con Cataluña e o seu proceso de autodeterminación. Na Praza de Galiza, e como é habitual nas súas mobilizacións, un grupo de activistas solidarios de CEIVAR con mono branco despregou unha pancarta de apoio aos presos independentistas.

CUT - Comunicado

Liberdade para Fran Molero, do SAT!

04 de xuño de 2018 | O Sindicalismo Alternativo ante o ingreso na cadea do compañeiro Fran Molero, do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT). ESIXIMOS A ANULACIÓN DA SENTENZA E A LIBRE ABSOLUCIÓN DE FRAN MOLERO. -Trátase dun xuízo político, dunha condea política; é un novo intento de criminalizar ás persoas loitadoras e que só persegue instalar o medo a protestar e rebelarse contra as inxustizas-

Comité Cidadán de Emerxencia

Colocación placa no Parque “Carmelo Teixeiro”

04 de xuño de 2018 | O Comité Cidadán de Emerxencia convoca a toda a cidadanía a asistir o venres, 8 de Xuño, ás 16,30 hs ao Acto de colocación da Placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro” de Caranza, que fará o Concello de Ferrol en cumprimento do Acordo Plenario adoptado por unanimidade o 26 de Febreiro de 2009 , baixo a presidencia do Alcalde Vicente Irisarri, a petición da A.C. Fuco Buxán e a A. VV. Ruíz de Cortázar, de Caranza e que contou co apoio de numerosas Asociacións Veciñais e Socio Culturais, Partidos, Sindicatos e Persoas a título particular

CUT - CRTVG

Persoal da CRTVG protesta contra Sánchez Izquierdo no Parlamento

04 de xuño de 2018 | Traballadoras e traballadores da Compañía de Radio Televisión de Galicia despregaron esta tarde unha pancarta en protesta contra a dirección do ente no exterior do Parlamento. Xusto a esa hora, o director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo, comparecía na comisión de control.

Sanidade Pública

Todo pronto para un novo feche masivo de camas nos hospitais públicos galegos

04 de xuño de 2018 | Os profesionais rexeitan unha medida que provoca, denuncian, saturación dos servizos de urxencias, derivacións á sanidade privada e aumento das listas de agarda. O número de camas que se fecha anda, ano tras ano, por volta de 1.200.

Oficina de Dereitos Sociais Coia

A “Historia interminable" da RISGA. Sen decreto, sen dereitos

04 de xuño de 2018 | Non esquecemos que seguimos sen o decreto que ten que desenvolver a lei da RISGA, vixente dende o 1 de xaneiro de 2014. A Xunta vai para récord e acumula 4 anos de atraso na súa publicación. As últimas novas neste senso foron a publicación, nos últimos meses de 2017, do proxecto deste decreto. Tras as numerosas alegacións presentadas, o documento está no conxelador mentres a consellería argalla a seguinte manobra propagandística.

Sanidade Pública

Absolto por terceira vez o cirurxián de Batas Brancas que denunciou irregularidades no hospital da Coruña

04 de xuño de 2018 | José María Borro, un dos xefes de Servizo purgados pola Xunta, advertiu de que tres compañeiros estaban a derivar pacientes de cancro de pulmón a unha empresa privada que lles cobraba por operalos cunha técnica que poñía a súa vida en perigo.

Racismo

Afrogalegas: "Estamos orgullosas de ser negras"

04 de xuño de 2018 | Hai unhas semanas, un grupo de mulleres estendían unha mensaxe taxativa por redes e rúas. Empregaron varios cancelos, mais para comprender a súa singularidade só precisamos dous: #SomosNegras, #SomosGalegas. Na súa páxina explícano máis polo miúdo: “Entendemos a afrodescendencia coma un termo que engloba diferentes matrices, raíces, culturas, formas de pensar, enfoques ou identidades que teñen a súa orixe común na tradición africana e nas herdanzas ou ascendencia que cada unha recibimos dos nosos antergos”. Quedamos nun clásico bar da Coruña con Artemisa Semedo, unha ‘afrogalega’ caboverdiana de Burela.

Lingua

Freixanes: “O galego vendeuse por un prato de lentellas cando o PP volveu ao poder”

04 de xuño de 2018 | O presidente da Real Academia galega (RAG) incide nunha entrevista en Ser-Galicia na responsabilidade dos gobernos de Núñez Feixóo no retroceso da lingua e lémbralle ao actual presidente episodios como “toda esa historia de Galicia Bilingüe”.

Máis recortes

Protestas polo peche de oficinas da Seguridade Social na Coruña e a "privatización" de servizos

04 de xuño de 2018 | O persoal alerta de que os peches de varias oficinas de atención ao público afectan a unha poboación total de máis de 300.000 persoas de varios concellos, dos que 120.000 son traballadores afiliados e de alta na Seguridade Social, correspondentes a máis de 10.000 empresas. Desde 2001 foron suprimidos un 20% de postos de traballo nestes servizos.

Loita Social

"Fuxide, correde, bulide": alerta veciñal e chamada á mobilización contra a mina de Touro

04 de xuño de 2018 | "Fuxide, correde, bulide (...) Un mal nunca antes visto asola Galicia". Ese é o comezo do vídeo que a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) vén de difundir para animar á participación na manifestación que este colectivo, xunto á plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non e outras 40 entidades, convocan para o vindeiro día 10 de xuño en Compostela.

Represión

A veciñanza de Murcia denuncia o “estado de sitio” ao que están sometidos polas “forzas de ocupación” nas vías

04 de xuño de 2018 | Se hai pouco máis de dous meses, o delegado do Goberno en Murcia, Francisco Bernabé, decretou o “estado de excepción” (en palabras dun deputado Podemos) nas vías de Murcia, con policías armados con subfusís de asalto, os veciños denuncian agora que están nun auténtico “estado de sitio!”.

Isto non pode pasar na nosa universidade!

Galiza non é unha mina!!

Videos