• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

CRTVG

Venres negro na CRTVG contra a manipulación

Contra o desmantelamento dos medios públicos! contra a manipulación informativa! pola creación do Consello de Informativos!

Os compañeiros e compañeiras da CRTVG, mobilizáronse, un venres máis contra o desmantelamento dos medios públicos, contra a manipulación informativa e pola creación do Consello de Informativos.

A do día 1 de xuño é a segunda vez que os traballadores e traballadoras da CRTVG se visten de negro para unirse á iniciativa do persoal da RTVE que, desde hai varias semanas realizan esta mesma mobilización.  Con esta protesta queren evidenciar, publicamente, o seu rexeitamento ao estrito control e manipulación da información que os gobernos estatal e autonómico impoñen nos respectivos medios de comunicación.

Na CRTVG esta protesta #VenresNegroTVG #VenresNegroRG, ou #VenresNegroCRTVG2 que consiste na realización do traballo vestid@s de negro e na realización de concentracións nas quendas de traballo, comezou a semana pasada e vaise estendendo contando, neste último venres con moita máis participación que a semana anterior.