• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Universidade

Día 6, vista do contencioso do concurso de méritos

Denunciamos para reclamar que o concurso contemplase todas as vacantes

A terceira será a definitiva?. Despois de dous aprazamentos, agardamos que finalmente o vindeiro día 6, ás 10 da mañá, na sala do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 da Coruña, se celebre a vista do xuízo do expediente de Concurso de Méritos contra a Universidade de A Coruña.

Lembrámosvos que o recurso interposto por CCOO e nós e que leva a asesoría xurídica dese sindicato, realizámolo pola exclusión das vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións, no concurso de traslados convocado por Resolución do 3 de abril de 2017 da Universidade da Coruña pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.