• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Represión

Multa de 1.800 euros a 3 activistas galegos por despregar unha pancarta solidaria cos presos políticos cataláns

Policías españois procederon á identificación desas persoas, denunciándoos por incumprimento “grave” do artigo 36.6 da Lei de protección da seguridade pública

A finais de setembro pasado na Praza de Galiza de Compostela tivo lugar unha manifestación de solidariedade con Cataluña e o seu proceso de autodeterminación. Na Praza de Galiza, e como é habitual nas súas mobilizacións, un grupo de activistas solidarios de CEIVAR con mono branco despregou unha pancarta de apoio aos presos independentistas.

Policías españois procederon á identificación desas persoas, denunciándoos por incumprimento “grave” do artigo 36.6 da Lei de protección da seguridade pública, que prevé multas de ata 30.000 euros. O artigo refírese á desobediencia ou o rexeitamento para identificarse a solicitude da autoridade. Neste caso, a sanción proposta é de 601 euros para cada un dos tres activistas.

Kaos en la red