• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Convocatoria escala administrativa C1

Ola, son interino, grupo C2, posto base da escala xeral. Á vista da convocatoria que colgastes na web, nada máis vela por riba, ocórrenseme unha serie de cuestións que me gustaría comentar. Haberá acumulación coa oferta de emprego de 2018?. De onde saen 3 prazas para a quenda de discapacitdade?. Nas asembleas comentastes que se acordara que o tempo traballado no grupo C2 computaría na fase de concurso, porque non é así?. Vaise seguir pedindo software libre ou imos opositar cos programas cos que realmente traballamos?

 

Reflexión sobre as ofertas de emprego

Sei que isto non o vai ver ninguén, aínda así pido que se reflexione sobre a táboa.

Posto

Grupo

Prazas ofertadas

Vacantes

%

Escala técnica superior Relacións internacionais

A1/A2

2

2

100%

Escala técnica superior informática

A1/A2

1

1

100%

Escala técnica superior de calidade

A1/A2

1

1

100%

Escala axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

A1/A2

2

6

33,33%

Escala administrativa

A2/C1

17

46

36,95

Escala técnica de servizos

C1/C2

16

25

64%