• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Comité Cidadán de Emerxencia

Colocación placa no Parque “Carmelo Teixeiro”

A continuación deste acto, ás 17,00 hs, iniciaremos, con todas e todos os que nos queirades acompañar, a Marcha a Pé ate Mugardos

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca a toda a cidadanía a asistir o venres, 8 de Xuño, ás 16,30 hs ao Acto de colocación da Placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro” de Caranza, que fará o Concello de Ferrol en cumprimento do Acordo Plenario adoptado por unanimidade o 26 de Febreiro de 2009 , baixo a presidencia do Alcalde Vicente Irisarri, a petición da A.C. Fuco Buxán e a A. VV. Ruíz de Cortázar, de Caranza e que contou co apoio de numerosas Asociacións Veciñais e Socio Culturais, Partidos, Sindicatos e Persoas a título particular – a todas elas, desde este CCE, a nosa gratitude – salientando os merecementos e o cariño ao noso querido Carmelo, en testemuña a unha vida dedicada as cuestións sociais, ao seu compromiso cidadán, cultural, sindical e político e sobre todo ao seu papel fundamental como primeiro Coordinador deste Comité.

A continuación deste acto, ás 17,00 hs, iniciaremos, con todas e todos os que nos queirades acompañar, a Marcha a Pé ate Mugardos, como vimos facendo cada ano desde 2007, na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida, fronte a ameaza e o despropósito da Planta de Gas.