• Número 397
  • 04 de xuño de 2018

Represión

A Audiencia Nacional condena @s moz@s de Altsasu a penas de 2 a 13 anos

Non se atreveron a unha delirante e escandalosa sentenza de terrorismo ‘’, pero a condena a @s moz@s de Altasu son durísimas, de ata 13 anos por unha pelexa de bar

A pesar de non poder acreditar o cargo por terrorismo “”, mantén os demais e aplícalles a pena máxima de 2 a 13 anos; incluído o agravante de abuso “de autoridade”. Non se atreveron a unha delirante e escandalosa sentenza de terrorismo ‘’, pero a condena a @s moz@s de Altasu son durísimas, de ata 13 anos por unha pelexa de bar. 

@s oito moz@s reciben penas máximas de entre 2 e 13 anos de cárcere polos delitos de atentado, lesións, desordes públicas e ameazas co agravante de abuso de superioridade e odio. A Sala  considera que actuaron por motivos ideolóxicos e de animadversión á Garda Civil.

A Audiencia Nacional  condenou @s oito moz@s de Altsasu (Navarra), acusad@s de agredir en 2016 a dous gardas civís e as súas parellas durante as festas, a penas que oscilan desde o 2 anos aos 13 anos de prisión polos delitos de atentado, lesións, desordes públicas e ameazas co agravante de abuso de superioridade e odio.

O tribunal rexeita a tese das defensas de que foi unha pelexa de bar, destaca a notabilísima gravidade das agresións pero descarta que exista terrorismo. Non se probou, explica, o requisito da “finalidade” esixido pola xurisprudencia, nin que asumisen os postulados da organización terrorista ETA, nin consta a súa vinculación directa, nin a súa pertenza. Tamén ten en conta a idade d@s acusad@s, que eran menores cando ETA anunciou o abandono das armas.

Agora ben, a Sala aplica as penas máximas de cada un dos delitos porque considera que existiu o agravante de abuso de autoridade e odio.

Segundo a Audiencia Nacional, aquela noite @s acusad@s actuaron guiad@s “pola súa clara animadversión e desprezo cara á Garda Civil e por motivos moi claramente ideolóxicos, tentando expulsar ao devandito estamento da localidade”.

Ligazón á noticia:

http://www.publico.es/politica/audiencia-nacional-condena-agresores-altsasu-penas-maxima-non-ve-terrorismo.html

Altsasu Gurasoak cre que a sentenza é unha vinganza e chama a unha gran mobilización o 16 de xuño en Iruñea

Nunha multitudinaria rolda de prensa ofrecida en Iruñea na que foron arroupados por decenas e decenas de persoas, os familiares dos mozos condenados a penas de prisión de entre 2 e 13 anos criticaron con dureza a sentenza e chamaron a saír ás rúas. Anunciaron que recorrerán a sentenza e que seguirán loitando “ata o final”.

http://ahotsa.info/edukia/altsasu-gurasoak-cree-que-la-sentencia-es-una-venganza-y-llama-a-una-gran-movilizacion-el-16-de-junio-en-irunea