• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Universidade

Resumo da reunión Xerencia-Xunta de Persoal do día 23 de maio

A Xunta de persoal fixo unha protesta polos reiterados erros nos datos proporcionados que nos obriga aos membros do órgano de representación a unha permanente verificación dos mesmos

Na reunión que realizamos o día 23, analizamos pormenorizadamente a proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia. Na revisión realizada advertimos importantes erros que se lle enumeraron ao xerente.

Na proposta remitida:

No apartado 1º.- Cómputo da contía total para financiar a OEP do ano 2018

Subapartado 1. A  Cómputo dos postos que resultaron vacantes no ano 2017, sinalamos que faltan por sinalar os postos:

087     Posto base

316     Técnico informático, non computado na taxa de reposición de 2016 (OEP 2017) á espera da sentenza xudicial.

No subapartado 1. B.- Cómputo das prazas que non se cubriron na convocatoria correspondente á promoción interna derivada da oferta de emprego público do ano 2016, o noso cálculo é o seguinte:

CÓMPUTO EN NÚMERO DE PRAZAS

 

-

Convocadas

Aprobados
segundo a
Universidade

Aprobados
segundo os nosos cálculos

Diferenza segundo a Universidade

Diferenza
segundo os
nosos cálculos

Escala facultativos de arquivos, bibliotecas e museos

-

31

2

2

29

29

Escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos

-

36

16

16

20

20

Escala administrativa

-

37

28

28

9

9

Escala de xestión

-

25

25

25

0

0

Escala técnica de especialistas

Conserxe

17

15

14

2

3

Escala técnica de especialistas

Mantementos

2

1

1

1

1

Escala técnica de especialistas

Socorrista

2

 

2

 

0

Escala técnica de especialistas

Correos

 

 

1

 

0

Escala técnica de especialistas

Mariñeiro

1

 

1

 

0

Escala técnica de especialistas

Condutor

3

 

2+1

 

0

Escala técnica auxiliar

Auxiliar de servizos

59

47

46

12

13

Escala técnica auxiliar

Telefonista

9

8

8

1

1

Escala técnica auxiliar

vixiante

1

 

1

0

0

 

TOTAIS

74

76

A partir destes erros, os cálculos do aforro teranse que refacer.

Outro

No apartado 2, Cómputo do custo da promoción interna do ano 2018

Despois dunha simple verificación observamos que na Escala técnica superior (subgrupo A1), subescala de Normalización lingüística onde apareza 3 prazas deben ser 2 - Un dos 3 postos que hai no Servizo, xa está ocupado por unha persoa do grupo A1.

O xerente quedou en revisar todas estas correccións e trasladar unha nova proposta.

A Xunta de persoal fixo unha protesta polos reiterados erros nos datos proporcionados que nos obriga aos membros do órgano de representación a unha permanente verificación dos mesmos. Aproveitamos a circunstancia para sinalarvos que na Xunta de Persoal non hai ningún liberado/a sindical.

Noutra orde cousas tratáronse:

Rexeitáronse as convocatorias das comisións de servizo das prazas 409 e 330 por non cumprir a normativa da UDC de cobertura temporal de traballos de PAS funcionario en comisión de servizos.

Tamén se decidiu a interposición de recurso de reposición contra a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

Número de posto RPT: 46.

Denominación do posto: vicexerente Ferrol.

Centro: Xerencia.

Grupo: A1/A2.

No apartado de rogos e preguntas, entre outras cousas sinalouse:

Instouse, novamente, a reunión da Comisión de Intercambio, o xerente tomou nota.

Requiriuse que, a medida que no grupo de traballo de Conciliación-acción social se pechen debates sobre materias concretas se leven á Xunta de Persoal para adoptar o acordo que corresponda. O xerente sinala que así se fará.

Pediuse que todas as prazas da RPT vacantes en prolongada situación de IT se ocupen. O xerente sinalou que, neste aspecto, a Xerencia non pon ningunha traba a que as prazas nesa situación se ocupen, o responsable ou xefe do servizo ao que correspondan ten que pedir esa cobertura, el vai revisar todas as que dependen da Xerencia.

Pediuse información sobre se hai persoal que, en aplicación do artigo 100 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia está en situación de atribución de funcións que non son as do posto que ten en propiedade, e a repercusión no salario.