• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Represión

O caso de Valtónyc tivo un antecedente galego. Suso Vaamonde

No caso de Suso Vaamonde o Tribunal Supremo confirmou a condena de 6 anos e 1 día por un “delito consumado de aldraxe á Nación española

Como nos recorda algún medio de comunicación (praza.gal, sermosgaliza.gal) e como lembramos algúns dos que xa estamos a piques da xubilación e por aquela época estabamos organizados en partidos antifranquistas e revolucionarios o caso de Valtónyc non é novo na nosa terra. No ano 1079, o cantautor Suso Vaamonde, nun recital antinuclear que se celebraba na Praza da Ferrería (Pontevedra), incluíu unha nova estrofa ao tema popular "Uah!", cantando "Cando me falan de España/ sempre teño unha disputa/ que se España é miña nai/ eu son un fillo de puta".

No caso de Suso Vaamonde o Tribunal Supremo confirmou a condena de 6 anos e 1 día por un “delito consumado de aldraxe á Nación española, feito con publicidade, previsto  no artígo 123 do Código Penal”.

Ao igual que Valtónyc, Suso Vaamonde optou por exiliarse, primeiro en Londres, despois en Alemaña e finalmente en Venezuela. Tralo seu retorno, no ano 1984, pasou 3 meses no cárcere ficando en liberdade despois de ser indultado polo goberno do PSOE.

As persoas que asistiamos aos concertos, nun ambiente de complicidade, coreabamos esa estrofa aínda que Suso non a cantase explicitamente. Na parte do Uah! Lalalalalalala! Coreábase Uah! Goberno galego xa!