• Número 396
  • 28 de maio de 2018

CUT-Alternativas na Xustiza

Represalias sindicais contra sindicatos que non traizoamos aos traballadores

Ante a represión, a nosa solidariedade multiplícase

O pasado día 25 ás 09.30 horas no edificio administrativo da Xunta (Novos Ministerios-Monelos) realizamos unha concentración en apoio ao Delegado de Alternativas na Xustiza-CUT (Javier Fernández), por que se lle incoou expediente disciplinario por falta de consideración grave aos superiores, concretamente coa Letrada do Xulgado do Penal número 6 da Coruña, como consecuencia da folga na Xustiza Galega.

No contexto dunha folga indefinida como a da Xustiza, abrirlle un expediente sancionador por suposta falta grave (desconsideración cun superior) ao voceiro do comité de folga da Coruña, o noso compañeiro da CUT Javier Fernández, non é outra cousa que unha represalia.

Hoxe Javier acudíu a declarar ao edificio administrativo da Xunta na Coruña ante a instrutora do expediente e topou cunha concentración solidaria de compañeiros e compañeiras.

Ante a represión, a nosa solidariedade multiplícase. Azos Javier! Venceremos nós!

No decurso da concentración apareceu, inesperadamente, o presidente da Xunta, o sr. Feijoo que foi recibido polos compañeiros e compañeiras ao grito de dimisión!

A noticia en Radio Coruña