• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Parlamento Europeo- Liberdades

Conferencia “ Liberdade de expresión. Liberdade de Prensa”

Conferencia Cala! Shut up! Tas-toi!, organizada en Bruxelas polo grupo Les Verts/ALE do Parlamento Europeo

Vídeo completo da Conferencia “ Liberdade de expresión. Liberdade de Prensa” no Parlamento Europeo, en Bruxelas, na que entre outras persoas interveñen, Barbara Spinelli, Beatriz Talegón, Suso de Toro, Alex García, Boro, Pablo Hasél, Ariadna Suaria (grupo de apoio a Valtònyc), Iván Lezsno (La Insurgencia), Tata (nai de Saúl, La Insurgencia de Vigo), Aníbal Malvar,   Intervención do Comité Intercentros da CRTVG, Isabel Martínez-Risco.

https://web-greensefa.streamovations.be/index.php/event/stream/cala-shut-up-calla-tais-toi-c-llate-pofa-be

REPRESALIADOS POLÍTICOS DENUNCIAN Ao ESTADO ESPAÑOL NO PARLAMENTO EUROPEO (VÍDEO)

As dificultades das institucións do Estado español  para xustificar no exterior a súa escalada represiva van en aumento.

Ata tal punto chegou o clamor polos procesos contra xornalistas, cantantes, independentistas, comunistas ou simples tuiteiros que algúns deles lograron que se escoite a súa voz no mismísimo Parlamento Europeo.

Durante a mañá do pasado xoves, o rapeiro Pablo Hasel, os membros da Insurxencia e Resistencia Filmes ou o xornalista de La Haine e Kaosenlared Boro LH participaron nunha conferencia  sobre os ataques á liberdade de expresión e prensa organizada en Bruxelas polo Grupo Verdes.

Durante as súas comparecencias, os represaliados denunciaron o carácter político dos procesos abertos na súa contra.

No vídeo que achegamos a estas liñas recóllese o momento no que Boro LH rompe  unha foto de Franco e os reis Juan Carlos e Felipe VI.

“Franco I, Franco II e Franco III”, apuntou o xornalista ao realizar este acto simbólico en defensa da liberdade, polo que tamén foron axuizados outros mozos no Estado español.

Trala conferencia, Boro LH e Pablo Hasel compartiron nas redes sociais unha imaxe e unha mensaxe no que deixaban entrever un xustificado excepticismo acerca do que se pode esperar das institucións do proxecto imperialista da UE, á vez que valoraban a importancia de poder contar cun escaparate internacional para difundir a súa denuncia

"Agur Bruxelas!! Non sabemos se servirá de moito, pero polo menos oíronnos #EuropaNosVaAOir — en Brussels Airport".

VÍDEO:

Redacción canarias-semanal.org.