• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Universidade

Resumo da reunión Xerencia-Xunta de Persoal do día 23 de maio

28 de maio de 2018 | Na reunión que realizamos o día 23, analizamos pormenorizadamente a proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia. Na revisión realizada advertimos importantes erros que se lle enumeraron ao xerente.

Universidade

Nova reunión do Consello de Goberno

28 de maio de 2018 | O vindeiro martes, día 29, terá lugar unha nova reunión do Consello de Goberno, unha vez máis ofrecémosvos a nosa presenza no órgano colexiado de goberno da institución para transmitir ao resto da Comunidade Universitaria e ao equipo de goberno as cuestións que nos comuniquedes.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

28 de maio de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT-Alternativas na Xustiza

Represalias sindicais contra sindicatos que non traizoamos aos traballadores

28 de maio de 2018 | O pasado día 25 ás 09.30 horas no edificio administrativo da Xunta (Novos Ministerios-Monelos) realizamos unha concentración en apoio ao Delegado de Alternativas na Xustiza-CUT (Javier Fernández), por que se lle incoou expediente disciplinario por falta de consideración grave aos superiores, concretamente coa Letrada do Xulgado do Penal número 6 da Coruña, como consecuencia da folga na Xustiza Galega.

CUT

Comunicado sobre a convocatoria da CIG do 19 de xuño

28 de maio de 2018 | Os sindicatos alternativos abaixo asinantes facemos pública a nosa valoración ao respecto da mobilización convocada pola CIG para o 19 de xuño.

CUT Política Social

CUT Informa

28 de maio de 2018 | Logo de meses de traballo investigando ratios de persoal nas residencias públicas da Xunta de Galicia, e tamén nas de distintas comunidades de España, para establecer as pertinentes comparativas coa situación da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros, puidemos constatar que era a única na que, en determinados andares, se traballa todos os dias do ano a mínimos, algo que este sindicato viña denunciando sistematicamente para que se rematase cunha situación insostible para as compañeiras e compañeiros afectados e para o propio servizo público.

CUT

A CUT denuncia a manipulación e a precariedade laboral da CRTVG en Bruxelas

28 de maio de 2018 | A CUT denuncia a manipulación e a precariedade laboral da CRTVG no marco dunha conferencia sobre liberdade de expresión e de prensa no Parlamento Europeo

CUT-Alternativas na Xustiza

Nota informativa do comité de folga

28 de maio de 2018 | Dende AXG-CUT, STAJ e CIG pensamos que a Xunta está xogando cos intereses dos traballadores e das traballadoras e ó mesmo tempo con aqueles que se prestaron a ese xogo dado que a día de hoxe seguimos sen ter nada de maneira oficial nin legal.

Represión

O caso de Valtónyc tivo un antecedente galego. Suso Vaamonde

28 de maio de 2018 | Como nos recorda algún medio de comunicación (praza.gal, sermosgaliza.gal) e como lembramos algúns dos que xa estamos a piques da xubilación e por aquela época estabamos organizados en partidos antifranquistas e revolucionarios o caso de Valtónyc non é novo na nosa terra.

Parlamento Europeo- Liberdades

Conferencia “Liberdade de expresión. Liberdade de Prensa”

28 de maio de 2018 | Vídeo completo da Conferencia “ Liberdade de expresión. Liberdade de Prensa” no Parlamento Europeo, en Bruxelas, na que entre outras persoas interveñen, Barbara Spinelli, Beatriz Talegón, Suso de Toro, Alex García, Boro, Pablo Hasél, Ariadna Suaria (grupo de apoio a Valtònyc), Iván Lezsno (La Insurgencia), Tata (nai de Saúl, La Insurgencia de Vigo), Aníbal Malvar, Intervención do Comité Intercentros da CRTVG, Isabel Martínez-Risco.

Control da información

As ordes da televisión de Feijóo sobre a sentenza de Gürtel: "40 segundos de vídeo como máximo"

28 de maio de 2018 | Os editores do informativo de mediodía en TVG ordenaron por escrito que a cobertura da sentenza durase como máximo 50 segundos. A cobertura do fallo do Tribunal durou 76 segundos, obviou os detalles da condena ao PP e ocultou que Pablo Crespo foi número 3 do partido en Galicia. Non houbo directo do correspondente en Madrid e no apartado de reaccións políticas, o informativo incluíu catro declaracións do PP, unha de Cidadáns e outra de Podemos..

CUT - Comunicado

Apoio e solidariedade co CSO A Insumisa

28 de maio de 2018 | A fórmula dos Centros Sociais, como aposta de apertura de espazos liberados á veciñanza, baixo métodos asemblearios, é unha das estratexias medulares do movemento social do noso país. Alén da simpatía de cada quen coa dirección de cada proxecto, a formulación de Centros Sociais co carácter de Okupados (os coñecidos como CSO) desafiaron dende o principio a lóxica única do capitalismo e a súa máquina especuladora, en canto levan anos poñendo en cuestión a existencia da mesma propiedade privada.

Liberdade de expresión

Valtònyc exíliase para defender a liberdade de expresión

28 de maio de 2018 | Hoxe, día 24, era o último día para que o rapeiro José Miguel Areas Beltran (Valtònyc) se presentase voluntariamente en calquera prisión do Estado español para cumprir a condena de tres anos e seis meses de privación de liberdade por enaltecemento do terrorismo (dous anos), calumnias e inxurias graves á Coroa (un ano) e ameazas de morte a Jorge Campos (seis meses) do partido de extrema dereita Actúa Balears en 22 das súas cancións.

Servizos públicos

“Ninguén debería lucrarse das catástrofes”: reclaman a xestión pública de tódolos bombeiros galegos

28 de maio de 2018 | Trala tráxica explosión de Tui, falamos con Miguel González Ucles, quen defende a xestión pública do corpo de bombeiros para poder prestar un mellor servizo durante as catástrofes, entre outras razóns.

Sanidade Pública

O xerente do hospital Álvaro Cunqueiro dedica o seu tempo de traballo a arrincar carteis das protestas

28 de maio de 2018 | O conflito entre as auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro e a xerencia do mesmo parece moi lonxe de solucionarse, á vista deste vídeo no que o xerente procede persoalmente a arrincar os carteis da protesta fronte á indignación das Tcaes..

Liberdade de expresión

Cando dar a nota é delito

28 de maio de 2018 | As sentenzas contra os artistas Valtonyc e Pablo Hasél abriron o debate sobre a liberdade de expresión no estado. Para algúns músicos galegos isto é a maneira de repartir medo entre o colectivo frente á impotencia do goberno por controlar as redes sociais.

Loita social

“Non queremos unha herdanza envelenada” 10 de xuño: manifestación nacional contra o proxecto mineiro de Touro-O Pino

28 de maio de 2018 | Ánxela Gracián é escritora e tradutora profesional. Hoxe tamén é a narradora en 12 cartas a María Victoria Moreno (Hércules de Edicións, 2018) de como unha nena filla do réxime chega a namorarse do mar e tomar partido nunha sociedade adormecida polo franquismo.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa presenta a revista “A viñeta de Schrödinger”

28 de maio de 2018 | Marcos Maceira presidente da Mesa e o debuxante Kiko da Silva presentaron en Santiago de Compostela o lanzamento dun novo produto cultural en lingua galega que promove a Mesa e estará dirixida por Kiko da Silva. O produto será unha revista de banda deseñada (BD) chamada A viñeta de Schrödinger.

Loita social

Desaloxan a activista que leva 36 días en folga de fame nun banco “rozando a tortura”

28 de maio de 2018 | O pasado mércores a Garda Urbana desaloxou en conivencia co Concello de Barcelona a acampada en Pl. Catalunya pola remunicipalización dos servizos sociais

Internacional

Canóns de auga e granadas aturdidoras contra os manifestantes franceses (vídeo)

28 de maio de 2018 | Transporte, educación, saúde e enerxía son algúns dos sectores que se sumaron á terceira folga en sete meses e medio. E o chamado é a un gran paro nacional para opoñerse á “precarización dos servizos públicos, a degradación das condicións de traballo e a conxelación de salarios”

Opinión-Arsen Sabaté

O exilio de Valtónyc e a deriva represiva do Réxime do 78

28 de maio de 2018 | Os membros que integran o grupo de apoio a Valtónyc comunicaban esta mañá nun acto no Parlamento Europeo que hai semanas que non saben onde se atopa, confirmando así que o rapeiro abandonou o Estado español e non se presentará en ningún centro penal para cumprir a condena de tres anos e medio de prisión.

Galiza non é unha mina!!

Videos