• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Internacional

Canóns de auga e granadas aturdidoras contra os manifestantes franceses (vídeo)

Transporte, educación, saúde e enerxía son algúns dos sectores que se sumaron á terceira folga en sete meses e medio

Transporte, educación, saúde e enerxía son algúns dos sectores que se sumaron á terceira folga en sete meses e medio. E o chamado é a un gran paro nacional para opoñerse á “precarización dos servizos públicos, a degradación das condicións de traballo e a conxelación de salarios”. Ademais, denunciaron un incremento no uso de contratos a curto prazo nos servizos públicos.

As centrais convocaron unhas 140 manifestacións en toda o país, pero especialmente en París (capital), onde a partir das 14H. locais (12H. GMT) @s líderes dos tres principais sindicatos laborais (CXT, FO e o CFDT) marcharon xunt@s por primeira vez desde 2010, aínda que a convocatoria foi dos nove sindicatos maioritarios de funcionari@s.  Participaron unhas 15.000 persoas segundo a Prefectura de Policía; descoñécese o reconto dos sindicatos.

A decisión de Macron de eliminar 120 mil postos de traballo para 2022 provocou un forte rexeitamento n@s funcionari@s.

Ante isto espéranse mobilizacións o resto da semana, cuxo colofón será o sábado, cando se desenvolva unha concentración masiva baixo o lema “contra o incendio Macron, un tsunami popular o 26 de maio”.

Os participantes na marcha sindical de protesta en París mostraron o seu rexeitamento atacando símbolos capitalistas, e repeleron os ataques da policía sen causar ferid@s;  esta reprimiu a protesta utilizando canóns de auga e granadas aturdidoras de gas lacrimóxeno para dispersar a @s manifestantes (descoñécense o número de feridos causados pola acción  policial). Como resultado, dezasete persoas foron arrestadas, sen excluír que houbese máis detencións.

O paro tamén afectou a @s viajer@s, xa que foron cancelados centos de voos con saída e destino en Francia debido á participación na folga dos controladores aéreos galos.

O paro afecta as escolas primarias e secundarias, ás garderías públicas, ao transporte aéreo e ao sector enerxético. É o terceiro desde a elección en maio de 2017 de Macron , quen se comprometeu a recortar o gasto público, reducir o número de funcionarios e levar a cabo unha transformación profunda do país.

Varios miles de manifestantes congregáronse tamén noutras cidades, incluídos preto de 4.500 en Lyon, segundo a policía (descoñécese o reconto dos sindicatos).

Pascale Lestideau, unha enfermeira da cidade de Brest denunciou condicións de traballo “extremadamente difíciles” e recortes “intolerables”. “Todo iso obríganos a renunciar aos nosos valores de coidado e iso é moi, moi difícil para nós”, dixo.

 De Resumen Latinoamericano