• Número 396
  • 28 de maio de 2018

CUT Política Social

CUT Informa

A Xefatura Territorial e a dirección manifestáronnos a súa vontade de mellorar as cousas

Logo de meses de traballo investigando ratios de persoal nas residencias públicas da Xunta de Galicia, e tamén nas de distintas comunidades de España, para establecer as pertinentes comparativas coa situación da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros, puidemos constatar que era a única na que, en determinados andares, se traballa todos os dias do ano a mínimos, algo que este sindicato viña denunciando sistematicamente para que se rematase cunha situación insostible para as compañeiras e compañeiros afectados e para o propio servizo público.

Por iso petamos en todas as portas posibles sen descanso, e aínda que moitas se nos pecharon, nunca dubidamos en que algunha habíamos abrir. Loitamos polo que cremos de xustiza; que os cadros de persoal sexan equilibrados en todos os andares, tanto na residencia de Oleiros como en calquera outro servizo.

O 25 de abril de 2018, esta Central Sindical xuntouse coa dirección dese centro e mais a Xefa Territorial para vol veril e a insitir na necesidade urxente do aumento do persoal nos andares cuartos e quintos, xa que existe un gran desequilibrio con respecto aos outros.

Nesa xuntanza, a Xefatura Territorial e a dirección manifestáronnos a súa vontade de mellorar as cousas polo que se comprometeron, entre outras medidas, a estudar a posibilidade de incremento dos oito contratos de media xornada existentes na residencia de Oleiros en contratos a tempo completo, para así aliviar a insostible carga de traballo que este sindicato viña denunciando desde hai tempo con insistencia. Temos constancia de que se anda no asunto e estaremos atentas para que se materialice ese compromiso canto antes polo ben tanto do servizo público esencial, como das traballadoras e traballadores que, por un lado van ver aliviado o exceso de tarefas e por outro van poder regularizar a súa situación laboral cun contrato a tempo completo.

A sección sindical da CUT non ten dúbida de que calquera avance que se faga é polo mérito desas compañeiras e compañeiros que levan anos a sufrir cargas de traballo excesivas e, ainda así, desenvolven as súas tarefas con dignidade, bo facer e compromiso de servizo público.

Estaremos atentas e seguiremos informando .....

R/ Monte das Moas, nº 15B, locaI 4, tlf : 981072788 - 625981696

e-mail coruna@cutgaliza.org