• Número 396
  • 28 de maio de 2018

Sanidade Pública

O xerente do hospital Álvaro Cunqueiro dedica o seu tempo de traballo a arrincar carteis das protestas

O conflito entre as auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro e a xerencia do mesmo parece moi lonxe de solucionarse

O conflito entre as auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro e a xerencia do mesmo parece moi lonxe de solucionarse, á vista deste vídeo no que o xerente procede persoalmente a arrincar os carteis da protesta fronte á indignación das Tcaes.

As auxiliares defenden que non lles corresponde a labor de transportar as bolsas de roupa sucia aos puntos de recollida, mentres que a Xerencia non tolera esta negativa, sen chegar as negociacións a ningún punto polo momento. As traballadoras si que contan co respaldo do Concello de Vigo.

E, como telón de fondo, a privatización e subconcentración de servizos dun hospital polémico dende a súa inauguración, e en cuxas paredes non se poden pegar carteis de protesta, posto que pertencen a unha empresa privada.

Xornal de Vigo e Comarca

A loita sigue