CUT denuncia actividades parapoliciais contra militancia política

Na noite da quinta-feira 3 de maio a Policía
Nacional identificou e procedeu ao rexistro de pertenzas fóra de
calquera contexto dun militante da organización xuvenil da esquerda
independentista Briga. Se tal intervención, á que as Forzas e Corpos de
Seguridade nos teñen acostumadas e acostumados xa é de seu arbitraria, a
situación acadou a máxima expresión de persecución política paralegal
cando estes axentes lle interviron, sen orde xudicial, o
material formativo, persoal e político que este mozo levaba consigo.
Se a situación do Estado Español xa resulta
preocupante pola súa democracia de baixa intensidade coas diferentes
administracións burocráticas, armadas ou xudiciais pregadas a un
programa de persecución das organizacións sindicais e políticas, pero
tamén do pensamento crítico, a existencia de actividades parapoliciais
de investigación son o perfecto complemento a un panorama que
só se poderá reverter nas rúas coa conxura da unidade popular
das traballadoras e traballadores.
Dende a CUT sumámonos á denuncia pública e
esiximos que se poña fin á incautación ilegal de pertenzas e
materiais políticos e persoais da militancia, ao obxecto de investigar e
criminalizar a resposta política das iniciativas que nos
opoñemos a este sistema clasista, patriacal e negador da realidade
nacional dos diferentes pobos.