A CUT de Política Social comeza unha campaña para que se compensen os festivos traballados

A CUT de Política Social comezou unha campaña para
conseguir a compensación do traballo realizado en domingos e festivos. A
campaña iníciase cunha recollida de sinaturas nos centros dependentes da
Consellería. Iniciaranse, tamén, contactos con todos os grupos
parlamentarios para trasladarlles esta reivindicación e activaranse as
mobilizacións necesarias para conseguir que as traballadoras e
traballadores gocen dun dereito recoñecido no artigo 19 do 5º Convenio
Colectivo e que o PP deixou sen efecto
Chegou o momento de reavivar unha loita que nos
levou hai uns anos á realización de importantes mobilizacións pero que,
desde hai tempo se desactivaron.
Sabemos que o colectivo de traballadoras e
traballadores está especialmente sensibilizado cun punto que afecta
directamente á saúde. Todas as traballadoras e traballadores temos
dereito ao descanso e á conciliación da nosa vida laboral e familiar. As
políticas impostas polo PP eliminan eses dereitos
Iníciase, polo tanto, un camiño do que non nos
desviaremos até que se faga efectivo este dereito.