Palestina vencera!! manifesto

Ahmed Yassin, tetrapléxico en cadeira de
rodas, con 90% do corpo paralizado, dedicou a súa vida enteira a
organizar a resistencia Palestina e de feito foi protagonista principal
da constitución de Hamas.
Marzo de 2004 un francotirador disparoulle a
cabeza mais o tiro deulle no brazo dereito. Os israelís recoñeceron que
fora un intento fallido de “execución selectiva”.
Tres dias despois, un avión F-16 lanzou unha
potente bomba contra a casa de Yassin en Gaza e, amais de acabar coa súa
vida, deixou nove persoas malferidas das que tres faleceran decontado.
Os israelís proclamaron o éxito desta segunda “execución selectiva”.
Ibrahim Abu Turaya, de 20 anos, perdera as
pernas na ofensiva aérea con bombas de fósforo contra Gaza, en 2008, e,
en decembro de 2017, lanzaba pedras en cadeira de rodas contra a tropa
de ocupación de Palestina. Dende 30 metros de distancia, un soldado
disparoulle un tiro mortal de necesidade na cabeza.
Luns pasado, 14 de maio, entre os 35.000
manifestantes de Gaza, de novo un palestino en cadeira de rodas foi
atinxido por un disparo letal na cabeza. Estaba desarmado, coma as
outras setenta mulleres e homes palestinos asasinados de bala, entre
eles 20 menores, e os case tres mil feridos.

A información dominante ignora o crime en
serie contra un pobo desarmado fronte a acumulación de armas dos
colonizadores, clientes de primeira e probadores preferentes da colosal
industria da guerra dos Estados Unidos; presentan a guerra coma unha
retesía entre veciños e non mencionan o feito central da ocupación da
terra de Palestina, comezada por un decreto colonial británico e
continuada polo imperio norteamericano coa intención de manter o dominio
xeo-estratéxico sobre Oriente Próximo.
A ocupación colonial e a desproporción de
forzas contra o pobo palestino mantense grazas a impunidade, garantida
no Consello de Seguridade da ONU, mediante veto de Estados Unidos,
Inglaterra e Francia.
E a ausencia de castigo exténdese coma unha
peste moral sobre todo o mundo, porque se ninguén paga a lista de
infamias cometidas en Palestina, esa compaña do crime impune medra
contra Afganistán, bombardea Siria, salta polos aires Libia, rompe o sur
do Líbano, rouba Iraq, rebenta Belgrado, amasa en sangue Sudán, arruina
Yemen, bloquea Cuba e Venezuela ou inventa armas de apocalipse contra
calquera territorio convertibel en mercadoria.
Vivimos en directo a metáfora de Bertold
Brecht sobre quen gardou silenzo perante o crime cometido contra o seu
veciño inocente, para ser depois obxecto da mesma inxustiza.
DEFENDAMOS O POBO PALESTINO CERCADO!!
ACABEMOS COA OCUPACIÓN DE PALESTINA!!,
REMATEMOS COA IMPUNIDADE DOS
COLONIZADORES DE PALESTINA!!
PALESTINA VENCERÁ!!