• Número 395
  • 21 de maio de 2018

Universidade

Resumo da sesión do Claustro Universitario realizado o día 16

21 de maio de 2018 | O día 16 de maio realizouse unha reunión do Claustro Universitario, máximo órgano colexiado de goberno da UDC. Tanto nos medios de comunicación como, de xeito especial, na páxina web da universidade tedes cumprida información do decurso da sesión. Nós informamos do que a nosa representación sinalou e que, como é habitual, neses medios non se reflicte.

Universidade

Estado do cadro de persoal a 10/05/2018

21 de maio de 2018 | Continuando co estudo do cadro de persoal iniciado no PASquín anterior, e para que nos fagamos unha idea real da situación, coa finalidade de adoptar as decisión axeitadas, publicamos, nesta nova entrega, a situación de cada un dos postos que, a día 10 de maio non estaba ocupado por persoal fixo.

Universidade

O xerente convoca reunión coa Xunta de Persoal o día 23

21 de maio de 2018 | Na tarde do venres, día 18, o xerente enviou un correo mediante o que convocaba unha nova reunión coa Xunta de Persoal para debater unha nova proposta de Oferta de Emprego Público para o ano 2018.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

21 de maio de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT Política Social

A CUT de Política Social comeza unha campaña para que se compensen os festivos traballados

21 de maio de 2018 | A CUT de Política Social comezou unha campaña para conseguir a compensación do traballo realizado en domingos e festivos. A campaña iníciase cunha recollida de sinaturas nos centros dependentes da Consellería. Iniciaranse, tamén, contactos con todos os grupos parlamentarios para trasladarlles esta reivindicación e activaranse as mobilizacións necesarias para conseguir que as traballadoras e traballadores gocen dun dereito recoñecido no artigo 19 do 5º Convenio Colectivo e que o PP deixou sen efecto

CUT

Solidariedade da CUT co pobo palestino

21 de maio de 2018 | Hoxe temos que reiterar a nosa solidariedade co pobo palestino. Unha vez máis, e cóntanse por centos nos últimos setenta anos, o exército asasino sionista está a executar o seu plan de exterminio contra os habitantes de Palestina. A resposta á Marcha do Retorno en Gaza leva producido, até o momento e desde o venres pasado, 58 asasinados e máis de 2400 feridos. Entre as vítimas, como soe ocorrer hai mulleres, vellos e meniños.

CUT

A discriminación salarial das persoas con diversidade funcional

21 de maio de 2018 | Cada vez máis están a aparecer empresas especializadas na contratación de persoas con discapacidade. Lonxe de ser un triunfo para a integración de este colectivo, o que está a ter lugar é a discriminación salarial en función das distintas capacidades das traballadoras.

Folga na Xustiza

No día da rendición dos tres sindicatos que traizoaron a vontade das traballadoras e traballadores, compre unha reflexión

21 de maio de 2018 | Hoxe, venres 18 de maio, escenificouse a rendición total dos sindicatos do sistema, asinando o acordo que previamente estiveran negociando ás costas das traballadoras e traballadores e mesmo do propio Comité de Folga ao que nin sequera informaron das xuntanzas que estaban a realizar.

CUT-Alternativas na Xustiza

Despois de 101 días: NON É NON!! - Hoxe consumouse a traizón

21 de maio de 2018 | A Xunta de Galicia rexeitou este venres prorrogar o prazo para decidir sobre a oferta que realizou aos sindicatos de Xustiza, logo de que a central maioritaria no sector, SPJ-USO, solicitase unha prórroga ata o vindeiro mércores 23 de maio para consultar o conxunto de persoal sobre a proposta presentada na mesa de negociación e que é idéntica á que rexeitou o persoal en votación.

Reintegracionismo de base

Milhares voltárom a tomar as ruas da Compostela por umha Galiza em galego

21 de maio de 2018 | A convocatória, realizada pola Plataforma Queremos Galego e apoiada por dúzias de coletivos de todo o tipo, contou também com a adesom do reintegracionismo de base, agrupado num bloco identificado pola cor de laranja.

Represión

CUT denuncia actividades parapoliciais contra militancia política

21 de maio de 2018 | Na noite da quinta-feira 3 de maio a Policía Nacional identificou e procedeu ao rexistro de pertenzas fóra de calquera contexto dun militante da organización xuvenil da esquerda independentista Briga.

Concentracións en apoio do pobo palestino

Palestina vencera!! manifesto

21 de maio de 2018 | Ahmed Yassin, tetrapléxico en cadeira de rodas, con 90% do corpo paralizado, dedicou a súa vida enteira a organizar a resistencia Palestina e de feito foi protagonista principal da constitución de Hamas. .

Tribunal Supremo - Sentenza

O Tribunal Supremo confirma o dereito á promoción dos traballadores indefinidos non fixos da Amaya

21 de maio de 2018 | O Tribunal Supremo (TS) ditou unha sentenza pola que confirma o dereito á promoción e desenvolvemento profesional do colectivo de traballadores indefinidos non fixos (INF) da Axencia de Medio Ambiente e Auga (Amaya), adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, tras desestimar o recurso de casación interposto pola Amaya contra unha sentenza previa e no mesmo sentido do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA).

Represión

A estreleira non é ilegal. Pola liberdade de expresión da identidade galega

21 de maio de 2018 | Recentemente presentamos un recurso e alegacións por unha sanción de 500€ a un seareiro que portaba unha estreleira nun partido de fútbol.

Sanidade Pública

O persoal da limpeza do Álvaro Cunqueiro apoia as auxiliares de enfermería nas súas protestas

21 de maio de 2018 | As Técnicas/os en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo manteñen os peches de 24 horas no interior do centro sanitario en protesta contra a decisión da Xerencia de sobrecargalas con funcións non presentes nos seus estatutos, unhas mobilizacións iniciadas a pasada semana..

Sanidade Pública

Desconvócase a folga da sanidade en Monforte ao aceptar o sergas a maioría das reivindicacións

21 de maio de 2018 | Segundo nos comunicou a Plataforma para a Defensa da Sanidade de Monforte a Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Monforte desconvocou a folga ao conseguir que a administración acepte unha gran parte das reivindicacións do persoal do Centro.

Diversidade sexual

17 de Maio / Día Internacional de Loita contra a Homofobia, a Lesbofobia e a Transfobia

21 de maio de 2018 | O termo Homofobia refírese á aversión, odio, medo, prexuízo e discriminación contra homes ou mulleres homosexuais e tamén se inclúe ás demais persoas que integran as diversidades sexuais e xenéricas.

Literatura, Ánxela Gracián

“María Victoria Moreno foi unha muller de esquerdas cunha profunda visión social”

21 de maio de 2018 | Ánxela Gracián é escritora e tradutora profesional. Hoxe tamén é a narradora en 12 cartas a María Victoria Moreno (Hércules de Edicións, 2018) de como unha nena filla do réxime chega a namorarse do mar e tomar partido nunha sociedade adormecida polo franquismo.

Lingua

Miles de persoas reivindican o galego día a día

21 de maio de 2018 | Un ano máis as rúas de Compostela ficaron pequenas para acoller os milleiros de persoas que se desprazadas de todos os recunchos do país para apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Loita social

Movementos sociais que non o son: do 15M ao Nunca Máis

21 de maio de 2018 | Hoxe, quince de maio, cúmprense sete anos dunha das mellores cousas que lle teñen pasado á democracia do Estado español. En 2011 moita xente volvíase consciente de que, detrás do sentido común que trouxo a II Restauración Borbónica, existía unha gran dimensión de cinismo e violencia.

Mundo Obreiro

Externalizacións e empresas multiservizos (multi)precarias: ETTs 2.0

21 de maio de 2018 | Externalizacións, empresas multiservizos, son as novas formas de precariedade laboral que gañan terreo ás ETT. Unha análise aproximativa do que explican coa súa loita As Kellys, os “riders” ou traballadoras de Servizos Sociais, entre moitas.

Opinión-Josefina L. Martínez

7 motivos polos que Marx tiña razón… e séguea tendo!

21 de maio de 2018 | Ao revés do que veñen sostendo desde hai 150 anos os intelectuais afíns ao statu quo, Marx acertou no fundamental. É máis, moito do que dixo no seu momento ten hoxe máis vixencia que nunca.

O 17 de maio manifestámonos en Compostela, o día 26 celebramos o Día das Letras Galegas

Videos