17 de Maio / Día Internacional de Loita contra a Homofobia, a Lesbofobia e a Transfobia

O termo Homofobia refírese á aversión,
odio, medo, prexuízo e discriminación contra homes ou mulleres
homosexuais e tamén se inclúe ás demais persoas que integran as
diversidades sexuais e xenéricas.
Celebramos o 17 de Maio como día Internacional de
loita contra a Homofobia, Lesbofobia e Transfobia, lembrando que o 17 de
maio de 1990, a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde OMS
suprimiu definitivamente a homosexualidade das listas de enfermidades
mentais.
No primeiro país no que se celebrou o día de loita
contra a Homofobia, Lesbofobia e Transfobia foi en Quebec en 2003
convocado pola Asemblea Nacional de Quebec grazas á iniciativa de moitas
organizacións (tanto da sociedade civil como organismos públicos).
Louis-Georges Tin, francés director do "Dicionario
da homofobia” e principal impulsor da xornada mundial, sinalou que máis
de 30 países súmáranse ás actividades do Día
Internacional de loita contra a Homofóbia, Lesbofóbía e Transfóbia e
destacou que cada vez se adhiren máis apoios de autoridades
gobernamentais en cada un desas nacións, o cal resulta de especial
importancia polo papel que teñen na loita contra a discriminación.
A Organización das Nacións Unidade recoñece ás
identidades sexuais e xenéricas como un Dereito Humano.
O 17 de maio supón reforzar a solidariedade con
todo a colectivo GLBTIQ do mundo enteiro e reafirmar o compromiso con
quen en calquera parte sofren as consecuencias da Homofobia, Lesbofobia
e Transfobia.
A igualdade aínda non está conseguida. En preto de
80 países os actos sexuais entre persoas do mesmo sexo son tipificados
como delito no código penal e as persoas que son detidas baixo esta
acusación poden ser condenadas a cadea perpetua e a pena de morte.
Incluso naqueles países que contemplan
recoñecementos legais a prol da diversidade sexual existen casos de
discriminación cara ao colectivo de lésbicas, gais, bisexuais,
transexuais e intersexuais (LGBTI). Discriminación que, en demasiados
casos, vai acompañada de agresións verbais, acoso e violencia física.
Esperamos que nun futuro poidamos celebrar o
cesamento de tod@s as formas de odio e discriminación e se poida
respectar e gozar a diversidade sen ningún temor
ÚNETE Á LOITA PARA ERRADICAR O PREXUÍZO, A
DISCRIMINACIÓN E A VIOLENCIA