Solidariedade da CUT co pobo palestino

Hoxe temos que reiterar a nosa
solidariedade co pobo palestino. Unha vez máis, e cóntanse por
centos nos últimos setenta anos, o exército asasino sionista está a
executar o seu plan de exterminio contra os habitantes de Palestina. A
resposta á Marcha do Retorno en Gaza leva producido, até o
momento e desde o venres pasado, 58 asasinados e máis de 2400 feridos.
Entre as vítimas, como soe ocorrer hai mulleres, vellos e
meniños.
As forzas progresistas e obreiras no Mundo
non podemos permanecer impasibles nesta nova escalada de terrorismo de
estado practicado polo Estado Sionista. Nin tampouco permanecer
na ambigüidade como si non fora con nós. A nosa posición e o noso berro
ten que chegar ben alto ó corazón das palestinas e palestinos que sofren
a barbarie, e chegar tamén ás orellas daqueles que son suxeitos activos
e soporte do estado-asasino sionista.
As mobilizacións palestinas estanse a dar no
contexto da apertura da Embaixada de EEUU en Xerusalén, previa
declaración de dita cidade como capital do estado sionista fai
agora un ano. Todo un aldraxe planificado que non sería posible sen o
apoio cómplice do imperialismo americano e a “democrática” Unión
Europea. O cinismo dos gobernos europeos é descarado,
mentres engordan as políticas expansionistas e de apartheid de Israel
denuncian a “desproporcionada intervención do exército sionista”, é
dicir, segundo os mandatarios europeos chegaría con mudar as
balas explosivas por balas de goma.
Ademais do crime colectivo que se está a producir
contra Palestina, é evidente que esta aldraxe forma parte dun novo
capítulo e tamén dun novo movemento no taboleiro de xadrez dos
obxectivos imperialistas. É certo que o capitalismo ten
reforzado de maneira colosal o seu dominio no Mundo, e
nomeadamente nesta rexión (Iraq, Siria, Iemen,..), pero non é menos
certo que o odio ó capitalismo acumulado nos pobos agredidos
multiplicouse.
Desde a CUT manifestamos a nosa total solidariedade
co pobo palestino. Denunciamos a política criminal do estado
sionista e os seus cómplices occidentais comezando polo Goberno do PP, e
os partidos do Réxime do 78, que aínda sen ter
responsabilidades de goberno (PSOE, Ciudadanos,…), a súa política segue
guiada polo lobby sionista.