• Número 395
  • 21 de maio de 2018

Universidade

Estado do cadro de persoal a 10/05/2018

Todos estes estudos que realizamos deben servir para adoptar as decisións que corresponda, sen ir máis lonxe na Oferta de Emprego

Continuando co estudo do cadro de persoal iniciado no PASquín anterior, e para que nos fagamos unha idea real da situación, coa finalidade de adoptar as decisión axeitadas, publicamos, nesta nova entrega, a situación de cada un dos postos que, a día 10 de maio non estaba ocupado por persoal fixo.

Reiteramos que este estudo está realizado a data do 10 de maio, que a situación dos postos evolucionou, que se realizou coas mellores das intencións, que esta publicación non é óbice para que a Xerencia presente o que, á súa vez, lle requiriu a Xunta de Persoal e que estamos á disposición das compañeiras e compañeiros para contrastar o documento que se xunta.

Na análise que presentamos non incluímos as prazas fóra de catálogo. Noutro momento analizarémolas.

Estudo pormenorizado do cadro de persoal a 10/05/2018