• Número 394
  • 14 de maio de 2018

Represión

Comunicado de Valtonyc pola súa entrada en prisión

Mañá pode ser a túa filla, o teu fillo. Mañá podes ser ti

Hoxe chegounos a noticia. O tribunal constitucional non acepta o recurso interposto por Juan Manuel Olarieta, avogado de José Miguel Arenas Beltrán. coñecido como Valtonyc para impedir o seu ingreso en prisión, así como tampouco a suspensión da pena.

Chegou a noticia cando está a piques de esgotarse o prazo dado pola audiencia nacional. supoñemos que esta semana lle comunicarán a data de ingreso en prisión.

Atopámonos ante un feito histórico, dado que é o primeiro músico que entrará en prisión no estado español condenado unicamente polas letras das súas cancións.

De parte de todo o equipo técnico, familia e amigos, comunicamos que debemos suspender todos os actos e concertos programados de hoxe en diante.

Agradecemos a todos os colectivos, asociacións, festivais, concellos, organizacións, promotoras e salas que contaron e seguen contando coa participación de  Valtonyc.

Así como tamén, agradecemos a toda a xente que a título persoal lle esta brindando a súa solidariedade en todo momento.

Para o próximo día 17 de Xuño. organizouse un gran concerto pola liberdade de expresión en Mallorca, da man da Asociación Acalar. onde 40 dos grupos musicais máis notorios de todo o estado súmanse á causa pola liberdade de expresión no seu máis amplo sentido. xa que o caso de  Valtonyc é o primeiro pero non é o único, detrás del veñen outros, non é un feito illado.

Esta condena representa un ataque a un dereito democrático que nos afecta a todas e todos, ata cando ides permanecer en silencio?

Mañá pode ser a túa filla, o teu fillo. Mañá podes ser ti.

Comunicado  Valtonyc - 11 de maio de 2018