Universidade

Estudo da RPT a 10 de maio de 2018
14 de maio de 2018 | Como vos sinalamos, a Xunta de Persoal requiriu da Xerencia información sobre a situación real do cadro de persoal para ter unha referencia directa sobre a que subescalas corresponde derivar as prazas na Oferta de Emprego Público.
Universidade

Unha universidade de dúas velocidades
14 de maio de 2018 | Chegamos á metade do mes de maio, dado o bucle no que nos meteu a Xerencia, cada día parece máis complicado que se cumpran os prazos para que as convocatorias das Ofertas de Emprego público xa acumuladas xunto coa Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2018, en “negociación” e que tamén pretendemos que forme parte desa acumulación, estean publicadas a principios de novembro deste ano, data na que rematan os prazos.
Universidade

Día 16 de maio reunión do Claustro Universitario
14 de maio de 2018 | A Secretaría Xeral ven de enviar a convocatoria para unha nova sesión do Claustro Universitario, máximo órgano colexiado de goberno da universidade. Como xa vos sinalamos en múltiples ocasións, a nosa representación aproveitará a ocasión para transmitir en vivo e en directo ao resto da Comunidade Universitaria e ao equipo de goberno as reivindicacións e a problemática do colectivo.
Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas
14 de maio de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CUT

“A folga xeral é unha necesidade e unha urxencia obvia”
14 de maio de 2018 | A Central Unitaria de Traballadores pide unha reunión coa CIG -a central que tomou a iniciativa e convocou greve xeral para o 19X- para tratar a necesidade da “unidade sindical” na convocatoria do paro.
UVIGO -Xunta de Persoal

Eleccións a Xunta de Persoal da UVigo
14 de maio de 2018 | O persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo volverá estar representado por unha Xunta de Persoal con maioría da CIG, despois que a formación sindical que encabeza Xan Cebro obtivese hoxe 139 votos, fronte aos 121 acadados pola candidatura da UGT, encabezada por María Moreira.
USC

O novo reitor da USC estuda denunciar polo penal ao profesor que falou da vítima da 'Manada'
14 de maio de 2018 | Antonio López considera que Luciano Méndez puido cometer un delito penal. O profesor da Facultade de Ciencias Económicas xa foi sancionado en 2016 pola universidade por comentarios machistas.
Persoal interino

Interinos: a fraude e a "Lei"
14 de maio de 2018 | Reproducimos un artigo de Lorenzo Sentenac, publicado en clm24.es. No artigo reflexiónase sobre a situación do persoal interino e chámase a participar nas mobilizacións convocadas para o vindeiro día 17 de maio.
CUT - Alternativas na Xustiza. Folga na Xustiza

Nota informativa do Comité de Folga
14 de maio de 2018 | Reproducimos o comunicado público do Comité de Folga no que se comunica a INTERRUPCIÓN da folga. Transcribimos, tamén, algúns artigos xornalísticos e de opinión arredor deste comunicado.
Sanidade Pública

Como laminar á clase médica que se opón aos recortes e ás privatizacións
14 de maio de 2018 | O Goberno de Alberto Núñez Feijóo comezou a aplicar en maio do 2009, nada máis chegar ao poder, unha calculada estratexia de eliminación dos profesionais sanitarios que non comulgaban cos seus plans de recortes e privatizacións na sanidade pública, para situar nos postos de mando intermedio dos hospitais galegos a médicos próximos ao ideario do Partido Popular.
Sanidade Pública

Condenan á Xunta por discriminar a unha nai médico á que non abonou as gardas durante as súas baixas por lactación e maternidade
14 de maio de 2018 | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) por discriminar a unha médico interna residente (MIR) no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que se acolleu ás baixas por maternidade e lactación que lle correspondían legalmente, pero á que a Xunta non abonou durante as mesmas o complemento por realización de gardas que viña recibindo.
Sanidade Pública

Un novo conflito laboral no Álvaro Cunqueiro amosa as carencias de persoal do hospital
14 de maio de 2018 | Dende que foi inaugurado en 2015, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo motivou numerosas protestas, tanto por parte dos e das profesionais coma dos usuarios e usuarias e da cidadanía en xeral. O centro, que naceu no medio da polémica pola fórmula público-privada escollida para a súa construción que supuxo un gran custe engadido e a redución de camas e servizos, foi criticado polas deficiencias na atención, pola xestión da súa Xerencia e polo trato dado aos seus traballadores e traballadoras, levando a mobilizacións frecuentes do persoal sanitario e doutros colectivos..
Lingua. Manifestación do 17 de maio

Manifesto “En galego día a día”
14 de maio de 2018 | Día a día para as nosas fillas e fillos malia a prohibición do galego nas materias da área científico-técnica, o tratamento como lingua estranxeira na educación infantil e a exclusión dos espazos de lecer infantís e xuvenís, incluída a televisión onde a presenza do galego para este público está restrinxida ao 4,6 a diario e ao 2,7 nas fins de semana.
Sanidade Pública

Continúan as protestas no hospital de Monforte
14 de maio de 2018 | Os traballadores do hospital comarcal de Monforte de Lemos non afrouxan nas súas protestas. Na mañá deste martes volveron concentrarse nos corredores para exhibir a súa unidade e insistir nas súas demandas, en plena folga pola falta de medios e recursos.
Oficina de Dereitos Sociais-COIA

Agbar denuncia a tres activistas da Alianza Contra a Pobreza Enerxética
14 de maio de 2018 | A represión non para. Hoxe a xente da Alianza Contra a Pobreza Enerxética coñeceron que tres compañeiras -unha delas a súa voceira María Campuzano- eran denunciadas por Agbar por defender os dereitos de todas nunha acción nas dependencias desa compañía.
Loita social

Entidades sociais piden unha nova RISGA: con máis contía e máis accesible
14 de maio de 2018 | Unha vintena de organizacións sociais presentaron este martes a iniciativa Fagamos da Risga un verdadeiro dereito, un acordo colectivo que promove cambios na Renda de Inclusión Social de Galicia para convertela nunha prestación "suficiente, digna, accesible e eficaz".
Sanidade Pública

Seguen as protestas dos traballadores de Farmacia do CHUAC
14 de maio de 2018 | Comezaron os contactos entre a Xerencia do CHUAC e o persoal do servizo de farmacia ante as protestas dos profesionais que denuncian que están desbordados de traballo e poden cometer erros irreparables para os enfermos.
Centro Social A Comuna

Se tocan un (Centro Social), tócannos a todos!
14 de maio de 2018 | Para nós a Insumisa é como unha irmá. Ambas nacemos como centros sociais na mesma cidade, con apenas un ano de diferenza e dun caldo de cultivo compartido. Somos espazos abertos á participación, a asemblea é o noso cerebro e a autoxestión compón o noso sistema nervioso: formas de corresponsabilidade colectiva sobre o que se fai nestes espazos, sen xerarquías de ningún tipo.
Non á eliminación do Diario Cultural da Radio Galega! - Manifesto

Indignación polo desmantelamento do 'Diario Cultural'
14 de maio de 2018 | O desmantelamento do Diario Cultural tal e como se coñecía despois de 28 anos de emisión na Radio Galega está provocando unha enorme vaga de reaccións no mundo da cultura. Asociacións profesionais, intelectuais, xornalistas, escritoras, deputadas ou organizacións políticas amosan a súa indignación e rexeitamento nas redes sociais e en comunicados.
Lingua - A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa súmase a SalvemosODiarioCultural
14 de maio de 2018 | A Mesa pola Normalización Lingüística rexeita a decisión da dirección da Radio Galega de suprimir o programa O Diario Cultural. A Mesa considera que é unha decisión errada prescindir dun programa que dá soporte, difusión e promoción á cultura e lingua galegas. O peche do Diario Cultural, un recoñecido programa, é un ataque directo á lingua galega e diminúe deste xeito a xa cativa programación sobre a nosa cultura e a nosa literatura.
Loita de clases

O "¡QUE SE JODAN LOS PENSIONISTAS!", e o lexitimado "odio de clase" dos de arriba
14 de maio de 2018 | Ás veces, as oportunidades que se presentan para coñecer os auténticos sentimentos de quen nos goberna son escasas. Pero cando o odio e o desprezo cara a "ós de abaixo" non atopa barreiras de contención e hai nas proximidades unha cámara que capte para a posteridade eses momentos veraces, auténticos, o "odio de clase" queda perfectamente retratado.
Corrupción

A caste universitaria acolle a Cifuentes, imputada por falsificación
14 de maio de 2018 | A caída en picado de Cristina Cifuentes parece non ter fin. Hoxe fíxose pública a imputación de definitiva da expresidenta por suborno e falsificación documental.
Represión

Comunicado de Valtonyc pola súa entrada en prisión
14 de maio de 2018 | Hoxe chegounos a noticia. O tribunal constitucional non acepta o recurso interposto por Juan Manuel Olarieta, avogado de José Miguel Arenas Beltrán. coñecido como Valtonyc para impedir o seu ingreso en prisión, así como tampouco a suspensión da pena.
17 de maio!

Videos