• Número 394
  • 14 de maio de 2018

Sanidade Pública

Continúan as protestas no hospital de Monforte

Os traballadores en folga volven concentrarse nos corredores do centro trala "tomadura de pelo" da xerencia do hospital

Os traballadores do hospital comarcal de Monforte de Lemos non afrouxan nas súas protestas. Na mañá deste martes volveron concentrarse nos corredores para exhibir a súa unidade e insistir nas súas demandas, en plena folga pola falta de medios e recursos.

Os folguistas consideraron este luns unha "tomadura de pelo" a reunión que mantiveron cos responsables do hospital. Segundop os traballadores, o equipo xerencial "non aceptou ningún dos puntos" presentados polos folguistas, que lamentan que "o aumento de persoal nin o contemplan".

Este venres, día 11, sairá ás 10:00 da mañá un autobús gratuíto para facer unha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Galicia Confidencial