Seguen as protestas dos traballadores de Farmacia do CHUAC

Comezaron os contactos entre a Xerencia do CHUAC e
o persoal do servizo de farmacia ante as protestas dos profesionais que
denuncian que están desbordados de traballo e poden cometer erros
irreparables para os enfermos. Os traballadores volvéronse a concentrar
na rotonda de acceso ao centro sanitario. Seguen co seu calendario e o
próximo 16 de maio presentarán a convocatoria de folga para o 2 de xuño.
Sinalan que se producen atrasos de horas na entrega
de medicación para pacientes oncolóxicos por falta de celadores.
Comezaron a denunciar a súa situación xa no ano 2015, sen resposta
efectiva segundo as súas declaracións. Os avances en contacto coa
xerencia están a ser, din, moi lentos. Necesitan ampliar persoal e
ampliar fisicamente o servizo.
Denuncian que nos últimos anos pasaron de atender
as necesidades do CHUAC a dispensar medicación a 60 centros de saúde e
11 PAC,s, 23 centros sociosanitarios e 6 unidades de saúde mental sen
suficiente aumento de persoal. O CHUAC reitera que hai un proxecto de
ampliación do servizo en marcha. A xefa do departamento convocou
reunións cos traballadores. Garante a trazabilidade dos medicamentos en
todos os casos.
Cadena Ser