Manifesto “En galego día a día”

Día a día para as nosas fillas e fillos malia a
prohibición do galego nas materias da área científico-técnica, o
tratamento como lingua estranxeira na educación infantil e a exclusión
dos espazos de lecer infantís e xuvenís, incluída a televisión onde a
presenza do galego para este público está restrinxida ao 4,6 a diario e
ao 2,7 nas fins de semana.
Día a día nos medios de comunicación
en galego que resisten, imprescindíbeis para a normalidade da lingua, a
única oficial do Estado español que non conta cun xornal diario en
papel, outra tarefa que o pobo galego realizará sen o apoio do seu
goberno.
Día a día no audiovisual só pola
implicación dos/as seus/súas profesionais e pola existencia dunha soa
canle –pública– que emite en galego e dun público que ten limitado o
acceso a produtos comercializados en galego incluso naqueles casos nos
que existe dobraxe ou lexendado.
Día a día na xustiza aínda que só
o 5% de xuíces e xuízas o empregan nas súas sentenzas e a inexistencia
de recursos para o funcionariado poder traballar en galego con toda
normalidade.
Día a día no ámbito socioeconómico
pois no mellor dos casos a nosa lingua aparece subordinada, como se só
un adorno e non unha necesidade e onde o Partido Popular negou a máis
mínima igualdade de dereitos e obrigas na atención, información e
sinalización.
Día a día na saúde onde as/os
pacientes ven restrinxido ou prohibido o exercicio do dereito a se
dirixiren na súa lingua ás/aos profesionais da saúde e a seren
atendidos/as e entendidos/as nela. Mais sen o coñecemento da lingua da/o
paciente non se pode ofrecer unha boa asistencia médica.
Día a día na administración pública
onde se vulnera o dereito a sermos atendidos/as en galego. Aumentan as
trabas para empregar o galego con normalidade e a Administración do
Estado mantén espazos forzosos de exclusión.
Día a día na edición de libros en
galego en descenso desde hai dez anos pola diminución de axudas da Xunta
de Galiza.
Día a día nas rúas, na cultura, na
toponimia, nos parques, no lecer, no deporte, no turismo, na onomástica,
na música, nos servizos, no transporte, na literatura…
Queremos galego no día a día con toda normalidade e
naturalidade, sen exclusións, coaccións, e limites para garantir o
futuro de Galiza.A lingua galega e a sociedade que a mantén viva non
pode ficar á intemperie exercendo as responsabilidades dun goberno
absentista e agresivo contra o idioma que nos une.
En galego día a día
Mantemos o galego vivo día a día
Folleto completo: Díptico
Manifesto 17 de Maio
Descarga tamén as imaxes:
En galego día a día
Autobuses 2018
A Coruña
Saída desde a Praza da Palloza ás 10:15 e terán
unha parada diante de Seat Marineda (na Avda. Alfonso Molina) ás 10:30
Prezo normal: 5€. Persoas desempregadas e estudantado: de balde
Para poder facilitar a xestión dos buses habilitamos un formulario
on line ou ben chamando ao teléfono 981.169.293 de
9:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas
Lugo
Saída ás 10:00h diante do Edificio Sindical, na
Ronda da Muralla
Prezo: 5€. Nenas e nenos de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 982.225.812
Ourense
Saída ás 10h do parque de San Lázaro
Prezo: 10€
xeral – 5€ estudantes
Para anotarse chamar aos teléfonos 666.162.330
ou 646.772.568
Data límite o 14 de maio ás 20h
Pontevedra
Saída ás 10:30h desde o pavillón dos deportes
Prezo: de balde
Para anotarse enviar correo a
pontevedra@bng.gal, pontevedra@galizacig.gal ou chamando ao 986.866.205
ou 986.861.582
Vigo
Saída ás 10:00h desde o local da CIG, na rúa
Gregorio Espino.
Prezo: 5€
Para anotarse chamar ao teléfono
986.827.900 até o 15/05/2018
O Morrazo
Cangas
Saída ás 10:15h
desde a estación de autobuses
Prezo: 5€. Estudantes e persoas
desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono
986.302.987 até o 11/05/2018
Moaña
Saída ás 10:30h
desde A Xunqueira
Prezo: 5€. Estudantes e persoas
desempregadas de balde
Para anotarse chamar ao teléfono
986.302.987
Ferrolterra
Narón
Saída ás 10:00h
Para
anotarse chamar ao teléfono 981.358.750 ou 981.364.058
Ferrol
Saída ás 10:30h desde a
Avenida de Esteiro desde o local da CIG
Para anotarse chamar ao
teléfono 981.358.750 ou 981.364.058
A Mariña
Saída ás 8:30h da estación de autobuses de Ribadeo
Prezo (adultos): 5 €
Para apuntarse chamar ao 982.140.654,
982.581.861 ou ao 605.377.317
A Barbanza
Ribeira
Saída ás 10:00 h
desde a estación de autobuses
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de
16:30 a 20:30h
A Pobra do Caramiñal
Saída ás 10:15h desde a alameda
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de
16:30 a 20:30h
Boiro
Saída ás 10:30h
desde a Praza do Concello
Prezo: de balde
Para
anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de 16:30 a
20:30h
Rianxo
Saída ás 10:50h
desde a parada de bus do peirao
Prezo: de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 698.167.003 de 9:30h a 13:30h e de
16:30 a 20:30h
Costa da Morte
Saída ás 10:00h desde a estación de autobuses de
Cee
Para anotarse chamar ao 981.745.266
Baixo Miño
A Guarda
Saída ás 9:25h
desde a alameda
Prezo: 5€. Estudantes e persoas desempregadas
de balde
Para anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no
616.090.632 ou baixominho@bng.gal até o 16/05/2018
O Rosal
Prezo: 5€.
Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para
anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou
baixominho@bng.gal até o 16/05/2018
Tomiño
Prezo: 5€.
Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para
anotarse chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou
baixominho@bng.gal até o 16/05/2018
Tui
Prezo: 5€.
Estudantes e persoas desempregadas de balde
Para anotarse
chamar ao teléfono 986.610.465, no 616.090.632 ou baixominho@bng.gal até
o 16/05/2018
O Porriño
Mondariz
Saída: 9:30h
desde garaxe Barros
Prezo: 5€. Persoas desempregadas e
estudantes de balde
Para anotarse chamar ao teléfono
986.337.263
Ponteareas
Saída: 9:45h
desde as piscinas
Prezo: 5€. Persoas desempregadas e
estudantes de balde
Para anotarse chamar ao teléfono
986.337.263
O Porriño
Saída: 10:00h
desde o pavillón dos deportes
Prezo: 5€. Persoas
desempregadas e estudantes de balde
Para anotarse chamar ao
teléfono 986.337.263
Queremos Galego