• Número 394
  • 14 de maio de 2018

Universidade

Día 16 de maio reunión do Claustro Universitario

Participamos nos órganos de goberno universitario para se a voz do colectivo

A Secretaría Xeral ven de enviar a convocatoria para unha nova sesión do Claustro Universitario, máximo órgano colexiado de goberno da universidade. Como xa vos sinalamos en múltiples ocasións, a nosa representación aproveitará a ocasión para transmitir en vivo e en directo ao resto da Comunidade Universitaria e ao equipo de goberno as reivindicacións e a problemática do colectivo.

A nosa intervención terá como eixo as cuestións que neste momento preocupan a todo o colectivo ou a unha gran parte del. Oferta de Emprego Público 2018. As convocatorias de oposicións da Ofertas acumuladas desde o ano 2015. Concurso de traslados. Roupa de traballo... formarán parte das cuestións que transmitiremos ao resto da representación dos colectivos que formamos parte da universidade.

Orde do día