Comunicado do comité de folga (2 maio 2018)

Os sindicatos SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ e CIG, maioría
dos membros do Comité de folga no conflito da xustiza galega,
solicitamos da Xunta de Galicia convocatoria ao Comité de Folga ao fin
de continuar coa negociación.
Estando cerca dos 3 meses de folga é
responsabilidade tanto da Xunta como do comité de folga rematar con este
conflito ao longo desta semana, polo que instamos á Xunta a que nos
convoque á maiar brevidade posible para iniciar unha negociación que
permita por fin ao conflito e, desta forma, evitar maiores prexuízos á
cidadanía e comezar canto antes a posta ao día dos xulgados galegos.
Co fin de chegar a principios dun acordo e co ánimo
de tenderlle a man á Xunta de Galicia adiantamos a posibilidade de facer
unha interrupción da folga unha vez constatada que hai vontade de
negociación por parte da Xunta.
Igualmente avanzamos o interese dos sindicatos en
centrar as negociacións nos puntos que impediron que os traballadores e
traballadoras da xustiza galega aprobaran o texto sometido a votación o
venres pasado, día 27 de abril, destacando entre eles a cláusula de
revisión e o plan de recuperación do traballo atrasado por motivo da
folga .
Tamén facemos este chamamento ao resto de
sindicatos que forman o comité de folga.
Santiago de Compostela, 2 de maio do 2018
Entrevista a Pablo Valeiras e Nuria Fornos en
"Ourense en la Onda"
1º maio
As traballadoras da xustiza reciben de costas a
manifestación de CCOO-UGT