• Número 393
  • 07 de maio de 2018

Universidade

02/05/2018. Reunión da Xerencia-Xunta de Persoal

07 de maio de 2018 | Como vos sinalamos no anterior PASquín, a reunión convocada tiña eixo central a proposta de Oferta de Emprego Público do ano 2018 realizada pola Xerencia. Como vos sinalamos nese mesmo PASquín, a posición que mantivemos na reunión foi de rexeitamento da proposta.

Universidade

Reunións do reitor coa Comunidade Universitaria

07 de maio de 2018 | O reitor iniciou a reunión sinalando que, desde hai anos ven realizando reunións anuais en cada centro nas que se convoca á tódolos membros da Comunidade Universitaria. Decatouse de que nesas reunións faltaba unha convocatoria para o persoal da Reitoría e Riazor, persoal non adscrito a centros, por iso a reunión realizada o día 4 de maio.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

07 de maio de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT

Concentración de apoio ás folguistas da Xustiza (4 maio, 11h, Vigo)

07 de maio de 2018 | En solidariedade coas traballadoras e traballadores da Xustiza en Folga, a CUT convocou unha concentración o venres día 4 de maio ás 11 horas, diante do Edificio da Xunta en Vigo, na Praza da Estrela.

CUT A Coruña

A Coruña. Manifesto do primeiro de maio

07 de maio de 2018 | Salarios de miseria, condicións de traballo de escravitude, contratos mínimos a tempo parcial, horarios estendidos sen cobrar, convenios incumpridos, formación en seguridade falseada ou inexistente, desemprego sen protección, lexislación que reforza as prerrogativas do patrón… esa é a situación para a meirande parte da clase obreira.

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública

Comunicado pola manifestación do 1 de maio, Día da Clase Traballadora

07 de maio de 2018 | Os grandes prexudicados dos recortes e as privatizacións dos servizos públicos son fundamentalmente as persoas da clase traballadora, tanto como empregados e empregadas deses servizos, que ven como as súas condicións de traballo empeoran, como usuarios/as, que ven como o «salario social» que son os servizos públicos desaparece baixo os golpes dos gobernos, o da Xunta e o central.

Asociación de Sensibilidade Química de Galicia

Declaración no 1º de Maio de 2018, Día Internacional da Clase Traballadora

07 de maio de 2018 | Vivir nunha sociedade que utiliza produtos químicos para tratar os seus alimentos, a auga, a roupa que vistes, os produtos de aseo e limpeza que utiliza, os cosméticos ou que até contamina dunha ou outra forma o propio aire que respira non é fácil.

1º de Maio. Manifesto lido na manifestación central en Vigo

1º de maio: Unindo loitas cara a folga xeral. Pan, traballo, teito e dignidade

07 de maio de 2018 | O 1º de Maio de 1886, en Chicago, a clase traballadora paralizou a produción reclamando unha xornada laboral de oito horas. Unha vez mais a clase traballadora e o pobo de Vigo, atrapados nunha espiral de falta de dereitos e liberdades, froito dunha política allea a nós, imposta polos distintos gobernos vasallos da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional e do Banco Central Europeo, que están usando como pretexto unha crise que non é mais que unha estafa social, aprestámonos a saír as rúas para seguir loitando.

Medios

Nace adiante.gal, un xornal cooperativo en galego que busca outra maneira de contar o país desde un xornalismo lento e teimudo

07 de maio de 2018 | Adiante.gal é un xornal de entrevistas, opinións, reportaxes e análises impulsado por Adiante S. Coop Galega, unha cooperativa de traballo asociado constituída por tres socias e aberta a novas achegas desde este mesmo luns, 30 de abril, data do comezo das súas publicacións regulares.

Contra a mina de cobre de Touro

"O cobre e os cartos lévanos eles e a merda da contaminación quédanos para toda a vida"

07 de maio de 2018 | Vídeo realizado polas mariscadoras da Illa de Arousa, integradas na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, contra o proxecto da mina de cobre.

Sanidade Pública

O Sergas vese na obriga de contratar persoal para recoller a roupa sucia

07 de maio de 2018 | O Sergas tivo que contratar persoal para trasladar as bolsas de roupa sucia do hospital Álvaro Cunqueiro ata os puntos de recollida despois de que as auxiliares de enfermaría se negaran rotundamente a realizar esta función.

CUT - Alternativas na Xustiza

Comunicado do comité de folga (2 maio 2018)

07 de maio de 2018 | Os sindicatos SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ e CIG, maioría dos membros do Comité de folga no conflito da xustiza galega, solicitamos da Xunta de Galicia convocatoria ao Comité de Folga ao fin de continuar coa negociación.

Non á mina de Touro!

"Ocultan algo": organizacións e colectivos sospeitan do silencio da Xunta a respecto da mina de Touro

07 de maio de 2018 | Unha delegación de 40 colectivos e organizacións dirixiuse á Valedora do Pobo para pedir unha “intervención urxente” ante a Consellería de Economía e Industria para que faga público o expediente da concesión.

Montaxe policial

Altsasu: as chaves da montaxe policial e a solidaria resposta popular

07 de maio de 2018 | Nestes días, a Audiencia Nacional española está xulgando a causa contra os oito xoves da vila navarra de Altsasu, acusados de “terrorismo” por unha agresión a dous Guardias Civiles fóra de servizo e ás súas parellas ocorrida en outubro do 2016.

ADEGA

20 anos despois de Aznalcóllar, outro desastre mineiro pode repetirse en Andalucía e Galiza

07 de maio de 2018 | Este 25 de abril cumpríronse 20 anos do desastre Aznalcóllar que provocou o vertido de 5 millóns de m3 de augas tóxicas. A reactivación dos proxectos mineiros de Riotinto e Touro ameaza novamente á bacía do Guadalquivir (Riotinto) e a ría de Arousa (Touro).

Sanidade Pública

Persoal de a farmacia do Chuac maniféstase para reclamar máis persoal

07 de maio de 2018 | Traballadores do servizo de farmacia do Chuac manifestáronse arredor do hospital para reclamar un incremento de persoal xa que, segundo aseguran, a sobrecarga esta xerando atraso na entrega das medicacións ademais de problemas de seguridade e custodia farmacolóxica.

Sanidade Pública

Continúa a folga indefinida dos sanitarios do Hospital de Monforte de Lemos

07 de maio de 2018 | A pesar dun intento de sabotaxe no que alguén meteu unha lata de cervexa no medio de material cirúrxico, as traballadoras e traballadores do hospital de Monforte de Lemos continúan coa folga indefinida iniciada de tódolos martes e xoves e que iniciaron o 24 de abril.

Oficina de Dereitos Sociais Coia

Campaña galega pola Obxección Fiscal 2018

07 de maio de 2018 | De novo a xente do Espazo Aberto Antimilitar anímanos a facer obxección fiscal aos gastos militares coincidindo coa campaña da declaración renda. Dámoslle pulo a esta campaña e compartimos o texto que acompaña a campaña:

Lingua - A Mesa pola Normalización Lingüística

A Xunta recoñece a discriminación lingüística de Lugo e a Mesa exixe sancións

07 de maio de 2018 | A secretaria xeral da Mesa Mónica Pazos e a cidadá galega vítima dunha agresión lingüística por parte de dúas funcionarias da Xunta en Lugo, Adela Figueroa, compareceron hoxe en Lugo para dar conta das novidades en relación ao caso de agresión lingüística acontecido en febreiro deste ano por parte de dúas traballadoras públicas.

Língua

O debate sobre o binormativismo. Tanto ten galinha que galiña, o importante é que poña ovos!

07 de maio de 2018 | Desde o reintegracionismo e desde correntes que adiren a norma oficial mais son partidarias do achegamento ao portugués xorde a iniciativa de fomentar o convivio entre as dúas opcións ortográficas para así garantir a supervivencia do idioma

Feminismos. Pikara Magazine

June Fernández: "Pikara non é unha vangarda de súper sinaturas, o feminismo é horizontal e colectivo"

07 de maio de 2018 | Compostela | 27 de abril. June Fernández participou o venres nun debate na Casa das Mulleres Xohana Torres de Compostela. Falou de ciberfeminismos. O de Pikara Magazine, a web de información que coordina, dixo, “é un ciberfeminismo social que, como demostramos nas rúas, non nos leva a un activismo de sofá”.

Opinión - Gabriela Liszt

A 50 anos do Maio francés: Cando obreiros e estudantes desafiaron ao poder

07 de maio de 2018 | Nin só estudantil nin utópico. Nota que escribín para a axencia Télam nun breve repaso polo que foi verdadeiramente o Maio (maio-xuño máis precisamente) Francés.

17 de maio!

Videos