Continúa a folga indefinida dos sanitarios do Hospital de Monforte de Lemos

A pesar dun intento de sabotaxe no que alguén meteu
unha lata de cervexa no medio de material cirúrxico, as traballadoras e
traballadores do hospital de Monforte de Lemos continúan coa folga
indefinida iniciada de tódolos martes e xoves e que iniciaron o 24 de
abril. A aparición desa lata de cervexa foi cualificada polos
traballadores e traballadoras como un intento de sabotear a súa
mobilización e esixen unha áxil e completa investigación deste feito,
Os traballadores e traballadoras do hospital de
Monforte de Lemos comezaron o martes 24 de abril unha folga
indefinida os martes e xoves polas malas condicións de traballo
dos sanitarios, as deficiencias do hospital e a falta
de cobertura dos especialistas, cuestións que provocan "graves
consecuencias" nos pacientes.
As traballadoras e traballadores reclaman a contratación
dos profesionais e a súa incorporación ao cadro de persoal, e que se
faga con boas condicións e non con contratos temporais a media
xornada, que o que conseguen é que o hospital quede sen persoal.
O persoal do hospital reiterou que "non queren
traballar menos e cobrar máis" pero si traballar o mesmo con boas
condicións. Denuncian que a xerencia do hospital de querer "facer
máis con menos" e converter "aos traballadores en máquinas e aos
pacientes en números".
Unha situación que os empregados non están
dispostos a consentir e que aseguran "trae consecuencias graves aos
pacientes".