• Número 393
  • 07 de maiode 2018

Contra a mina de cobre de Touro

"O cobre e os cartos lévanos eles e a merda da contaminación quédanos para toda a vida"

Vídeo realizado polas mariscadoras da Illa de Arousa, integradas na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, contra o proxecto da mina de cobre

As mariscadoras da Illa de Arousa, que están integradas na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, presentan un vídeo con argumentos para rexeitar que se reabra a vella mina de cobre, polémico proxecto de Atalaya Mining liderado polo controvertido enxeñeiro de minas Alberto Lavandeira.

O vídeo lembra que os sectores produtivos da ría de Arousa estarían ameazados pola actividade extractiva e recorda algúns dos accidentes ecolóxicos da minería no mundo, incluído o de Aznalcóllar ou o da antiga mina de Monte Neme, en Carballo, cuxas sete balsas, con auga contaminada, seguen abandonadas e sen restaurarse; a rotura dunha delas provocara unha riada, causando danos en aldeas de Malpica e Carballo en febreiro de 2014.

A antiga mina de Touro, que traballou entre 1973 e 1986, "segue sen restaurarse" tres décadas despois e "segue botando merda ao río", denuncian os veciños. "O cobre e os cartos lévanos eles e a merda da contaminación quédanos para toda a vida".

Galicia Confidencial