Concentración de apoio ás folguistas da Xustiza (4 maio, 11h, Vigo)

As traballadoras da xustiza máis que nunca, precisan da nosa solidariedade e apoio
En solidariedade coas traballadoras e traballadores
da Xustiza en Folga, a CUT convocou unha concentración o venres
día 4 de maio ás 11 horas, diante do Edificio da Xunta en Vigo,
na Praza da Estrela.
Despois de case 90 días en folga,
despois da traizón sindical de UGT, CCOO, USO e CSIF,
máis que nunca, precisan da nosa solidariedade e apoio porque a loita de
clase atravésanos a todas.