Nace adiante.gal, un xornal cooperativo en galego que busca outra maneira de contar o país desde un xornalismo lento e teimudo

Adiante.gal é un xornal de entrevistas, opinións,
reportaxes e análises impulsado por Adiante S. Coop Galega, unha
cooperativa de traballo asociado constituída por tres socias e aberta a
novas achegas desde este mesmo luns, 30 de abril, data do comezo das
súas publicacións regulares.
Adiante.gal proponse informar desde a reflexión e o
rigor, tomándose o tempo preciso para elaborar cada unha das historias,
e desde unha pluralidade de voces na que cada colaboradora e colaborador
ten o seu punto de vista. Adiante.gal quere ser tamén unha plataforma na
que as lectoras e os lectores poidan contribuír ao xornalismo e nos
próximos meses iremos desenvolvendo ferramentas para elo.
Adiante.gal financiarase coas achegas das socias
traballadoras e das socias promotoras, e cos recursos xerados a través
apoio do apoio dos subscritores.
Podedes contactar connosco a través deste correo:
redacción@adiante.gal Contacto para ampliar información:
ximenagonzalez@adiante.gal
https://adiante.gal/saimos-o-30/
www.instagram.com/adiante.gal/