Declaración no 1º de Maio de 2018, Día Internacional da Clase Traballadora

Vivir nunha sociedade que utiliza produtos químicos
para tratar os seus alimentos, a auga, a roupa que vistes, os produtos
de aseo e limpeza que utiliza, os cosméticos ou que até contamina dunha
ou outra forma o propio aire que respira non é fácil.
A
Sensibilidade Química Múltiple é unha enfermidade adquirida pola que
se perde a tolerancia a produtos químicos diversos, estruturalmente non
relacionados entre si desenvolvendo a partir dese momento, síntomas que
afectan a diversos sistemas orgánicos e aparecen coa exposición a
produtos químicos, a niveis moi por baixo dos límites de exposición
profesional e que previamente non ocasionaban problemas.
É unha enfermidade real, emerxente e de gran
prevalencia que nun mundo rodeado de produtos químicos, afecta cada vez
a un maior número de persoas.
Desde
SQM-Galicia queremos destacar o feito de que unha elevada porcentaxe
de casos prodúcense no ámbito laboral, por fumigacións, vertidos de
gasóleo nos centros de traballo ou por desenvolver este en edificios
doentes, mal ventilados, deficientemente construídos ou nos que se
utilizan materiais inadecuados.
Aos severos efectos que a
Sensibilidade Química Múltiple orixina na vida diaria das afectadas,
hai que sumarlle nos casos laborais o rexeitamento das Mutuas a
consideralos como accidentes de traballo, a negativa das empresas a
adaptar cando aínda é posíbel os postos de traballo ou, o empeño do INSS
cando xa non poden traballar en que sigan facendo-o.
Algúns casos son aínda máis graves ao haberse
producido en traballadoras de Administracións Públicas, as mesmas que
deberían protexelas e non o fan, escudándose en que non poden ser
sancionadas pola Inspección de Traballo aínda cando se comprobe o
incumprimento da
Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Desde
SQM-Galicia vemos con preocupación como se lles nega a incapacidade
e remítese a traballar a afectados con grados III-IV da enfermidade,
orixinando novas recaídas a propósito de que non existe tratamento e de
que, a única medida eficaz é evitar as exposicións.
Exposicións que non só non orixinan tolerancia,
senón que agravan a enfermidade, empeorando os seus síntomas e facendo
aumentar o seu grado.
Nunha sociedade que debería de garantir a calidade
de vida e a igualdade de oportunidades, marxínase aos afectados,
négaselles a asistencia médica que precisan, non se fan estudos para
coñecer a magnitude do problema e non existen estratexias sanitarias nin
sociais dirixidas a diminuír a súa exposición e a da poboación xeral
tamén en risco, aos produtos químicos.
Nunha sociedade avanzada, considerariamos ético
administrar penicilina a unha persoa que é alérxica á mesma?.
Si a resposta é non, por que permitimos que as
enfermas de
Sensibilidade Química Múltiple que perderon a tolerancia aos
produtos químicos, se lles síga expoñendo a eles?.
Queremos transmitir a nosa preocupación á sociedade
para que comprenda e se faga consciente de que nun mundo rodeado de
miles de produtos químicos, ninguén está libre de adquirir a
enfermidade, especialmente as mulleres nas que é máis frecuente,
simplemente porque tenden a acumular máis tóxicos ao ter máis tecido
graxo e, mentres enfermamos as Institucións Públicas que deberían
defendernos e axudarnos, simplemente miran para outro lado.
Xunta Directiva de SQM-Galicia
Angélica Gato, Sara Gonzalez, Amelia Paderne, Rocío Botana e Argentina
Rey
Contacto:
Busca-nos no
twitter e
no
facebook.
Documentación da Asociación:
Documentos oficiais da Asociación
Estatuto Asociación SQM-Galicia
Documentación necesaria para afectadas de
SQM
Protocolo Sanitario SQM-Galicia
NTP 557 (Nota Técnica de Prevención do
INSSBT (Instituto Nacional de Seguridade,
Saúde e Benestar no Traballo): Intolerancia ambiental idiopática
(IAl): sensibilidade química múltiple (SQM) e fenómenos asociados. |
Redactor: Jordi Obiols Quinto. | Ldo. en Bioloxía e Farmacia
CENTRO NACIONAL DE CONDICIÓNS DE TRABALLO. | A aparición, cada vez máis
frecuente, de casos relacionados coa Síndrome da Sensibilidade Química
Múltiple, trastorno, ou grupo de trastornos, de saúde coñecido tamén con
outros moitos nomes, afecta de xeito directo o ámbito da saúde laboral e
da política preventiva. A dificultade do seu diagnóstico, polas
limitacións dos criterios empregados ao efecto, os innumerábeis factores
determinantes da aparición dos casos, e o feito de que pode afectar non
soamente a traballadores que manipulan produtos químicos, senón tamén
aos daquelas actividades carentes, en principio, deste tipo de
implicación, convérteno en motivo de controversia científica e, á vez,
amplían o ámbito de incidencia de novos casos de xeito difusa a
practicamente todo o campo da actividade laboral. Na presente NTP faise
unha breve revisión xeral de todos os aspectos implicados, á vez que se
comentan algúns dos avances máis recentes. | Nota.- As NTP son guías
de boas prácticas. As súas indicacións non son obligatorias salvo
que estean recolleitas nunha disposición normativa vixente. A efectos de
valorar a pertinencia das recomendacións contidas nunha NTP concreta é
conveniente ter en conta a súa data de edición. | 5 páxinas en formato
pdf. |
Acceder/Baixar.
Info baseada na enviada por:
ESTHER LORA RODRIGUEZ
Recollido de Ártabra 21