• Número 393
  • 07 de maiode 2018

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública

Comunicado pola manifestación do 1 de maio, Día da Clase Traballadora

A Sanidade non se vende, deféndese!

Os grandes prexudicados dos recortes e as privatizacións dos servizos públicos son fundamentalmente as persoas da clase traballadora, tanto como empregados e empregadas deses servizos, que ven como as súas condicións de traballo empeoran, como usuarios/as, que ven como o «salario social» que son os servizos públicos desaparece baixo os golpes dos gobernos, o da Xunta e o central.

Non só a sanidade, a privatización para beneficio do capital, atinxe todos os eidos, desde as pensións até o chan público (venda dos peiraos da Coruña), pasando pola cultura, a educación, etc. «Aquí non se salva nin deus» da privatización.

É un plan de conxunto! Por iso a CAS chama a participar nas manifestacións do 1 de maio en defensa dos servizos públicos; mais non calquera manifestación defende realmente os servizos públicos. Algúns, tras palabras altisonantes, en realidade fan parte do problema e non da solución.

A CAS leva anos dicindo que só derrogando a lei 15/97, o decreto do 2012 e artigo 135 da Constitución é posible unha coherente defensa dunha sanidade pública; que mentres esta lexislación estea vixente, a sanidade estará hipotecada, á vontade do goberno de quenda que entre. Por iso, chamamos a aquelas que partillen estes obxectivos.

Neste sentido, non podemos apoiar a aqueles, que facendo ver que partillan estes obxectivos, na realidade fan parte de organismos que non defenden unha sanidade pública 100%, e que defenden tanto a 15/97 como o artigo 135 da Constitución.

Por último, queremos manifestar o noso apoio á folga no Hospital de Monforte de Lemos, contra as consecuencias da lei de Sanidade da Xunta, aprobada hai un mes e que significa a desaparición de catro áreas sanitarias.

A derrogación desta lei é chave para comenzar frear o desmantalento total da Sanidade Pública.

Por unha sanidade 100 % pública e de calidade

A Sanidade non se vende, deféndese