• Número 392
  • 30 de abril de 2018

Universidade

Reunión da Xerencia-Xunta de Persoal o vindeiro día 2

Unha nova reunión cunha proposta inaceptable. Quérese gañar (perder) tempo?

O vindeiro mércores, día 2 de maio, o xerente convoca á Xunta de Persoal para debater unha nova proposta de Oferta de Emprego Público para o ano 2018. O xerente, na proposta que se xunta á convocatoria, establece, novamente que son 9 as prazas que por diferentes motivos teñen a consideración de formar pare da taxa de reposición, non obstante, a quenda libre, propón 8 prazas.

Imos lembrar o que establece a normativa:

A OEP ten que se aprobar anualmente, mentres que exista a limitación establecida na taxa de reposición, as prazas que se deben contemplar recóllense nos sucesivas leis de Orzamentos Xerais. En concreto nos Orzamentos Xerais do Estado de 2017, a día de hoxe, a proposta de Orzamentos para o ano 2018 acaba de pasar o filtro do Congreso dos Deputados e está aínda en tramitación, establécese:

Artigo 19. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal.

4. Para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe máxima a que se refire o punto anterior aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que, durante o exercicio orzamentario de 2015, deixaron de prestar servizos en cada un dos sectores, ámbitos, corpos ou categorías, previstos no punto anterior, e o número de empregados fixos que se incorporasen neles, no referido exercicio, por calquera causa, excepto os procedentes de ofertas de emprego público, ou reingresasen desde situacións que non impliquen a reserva de postos de traballo. Para estes efectos, computaranse os cesamentos na prestación de servizos por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración en situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou a extinción do contrato de traballo, ou en calquera outra situación administrativa que non supoña a reserva de posto de traballo ou a percepción de retribucións con cargo á Administración en que se cesa.

Isto quere dicir en realidade que o número postos de traballo que forman parte da taxa de reposición son o número máximo de postos de traballo que se poden convocar na Oferta de Emprego Público. Simplemente os que saen polos que entran.

Non se entende, polo tanto, a intención da Xerencia de quitar un dos postos.