• Número 392
  • 30 de abril de 2018

CUT - Consellería de Política Social

A situación na Residencia de Maiores de Oleiros

As traballadoras denuncian, de xeito reiterado, a falta de medios materiais e de persoal

O mércores 25 de abril de 2018 ás once da maña esta organización sindical reuniuse na Residencia de Maiores de Oleiros coa Xefa Territorial da Coruña e co director da mesma para tratar os seguintes puntos:

1.      AUMENTO DE PERSOAL NOS ANDARES CUARTOS E QUINTOS.

Comezamos a reunión expoñendo a grave situación que están a padecer os compañeiros e compañeiras que están a desenrolar  a súa labor nestes andares debido a grave FALTA de PERSOAL. A Xefa Territorial mostrouse en todo momento con vontade  de solventar dita problemática e comprometeuse a cambiar as RPTs na seguinte convocatoria debido a que nesta elles imposible polos ornamentos presupuestarios. Dito  isto, desde esta OS esperar polas seguintes  presupuestos parecemos esperar demasiado tempo xa que esta situación e insostible para os traballadores e traballadores e manifestámoslle  que iniciaremos todas as medidas necesarias para presionar aos de arriba para cambiar cuanto antes as RPTs e que en tódolos andares existan 14 AUXILIARES DE ENFERMERÍA .

2.      PERSOAL CON CONTRATO DE FIN DE SEMANA.

       Como e coñecido por todos, actualmente os traballadores de fin de semana non podían facer cambios co persoal que traballa de luns a domingo.  Para esta OS este feito é totalmente discriminatorio hacia este colectivo e unha medida que atenta contra a súa conciliación familiar e laboral, por todo elo SUPLIQUEILLE  ao director e a Xefa Territorial da Coruña que permitisen  os cambios. Tanto o director coma a Xefa Territorial comprometéronse a aceptar os cambios sempre que sexan dunha forma razoada, e dicir, unha persoa que ten un contrato de quince horas non pode traballar 40 horas, pero  SI SE PODEN FACER CAMBIOS DÍA POR DÍA.

3.      DISTRIBUCIÓN DA ROUPA  DOS RESIDENTES.

O chip comezara  a implantarse na Residencia a partir da semana que ven. Debido ao volume de prendas que teñen que marcar comezárase por unha planta e seguirase  progresivamente polas restantes. Desde esta OS propuxemoslle que se comenzase polos andares de arriba debido a que a carga de traballo e maior porque son menos persoal. O director comprometeuse a estudialo  e se e posible facelo  desde xeito.

4.      FALTA DE MATERIAL OU MATERIAL AVERIADO.

Desde esta OS agradecemos o MATERIAL que se adquiriu  últimamente para esta residencia pero recordámoslles que aínda quedan moitas camas que non suben e non baixan, que os carros de limpo necesitan cambiarse,  que os carros de sucio teñen as lonas rotas, os autoclaves das plantas non funcionan,... o director e a Xefa Territorial transmítennos a súa intención de cambiar as camas progresivamente,  debido a que o gasto en material  foi moi  grande e non o poden facelo de forma Inmediata. Con respecto ao  Poupinell transmitiunos  que a súa  idea e poñer un so Poupinell  para o uso de todos e todas.

5.      LIBRO DE REXISTRO PARA AUXILIARES DE ENFERMERÍA.

Solicitamos un libro de rexistró para poder plasmar nel  as incidencias do turno  e para que quede constancia por escrito da nosa labor. NADA DE NADA. Xustificase  apelando a implantación do futuro sistema informático. 

6.      USUARIOS CON PATOLOXIAS QUE CURSAN CON AGRESIVIDADE.

Desde esta OS quixemos  poñer  enriba da mesa  unha problemática que afecta cada vez mais  ao persoal  desta residencia. Cada vez son mais os usuarios con problemas de agresividade como consecuencia das patoloxías  que padecen o que conleva  unha difícil e perigosa situación para o persoal. Neste  eido  solicitamos dúas auxiliares  de enfermeria  no turno de noite  por andar. Tanto o director do centro coma a Xefa Territorial entendan a problemática neste sentido pero, de momento, iso NON e posible debido aos presupostos. Comprometéronse a estudiar a situación e a tomar medidas e a darnos formación para tratar a este tipo de usuarios.

7.      PERSOAL CON CONTRATOS DE MEDIAS XORNADAS.

Desde esta OS non estamos de acordo na distribución do traballo que se fai  nalgún  andar con respecto ao  traballo  que desenvolven as nosas compañeiras  de media xornada, por elo exixímoslle ao director e a Xefa Territorial que a distribución do traballo destes contratos se adapte de forma urxente. O director díxome que se había algún caso concreto que llo transmitira  a él directamente e que solventaria este problema.

8.      FALTA DE PERSOAL NO TURNO DE NOITE.

Desde esta OS non consentiremos  que o turno da noite quede descuberto, denunciarémolo de inmediato!!! Dito isto, entendemos que se no turno da noite  algún traballador se encontra mal, ten un accidente indo  cara o traballo, etc. e e IMPOSIBLE cubrir a ese traballador ten que existir un protocolo de actuación. O director comprometeuse a dar orden e facer unha nota informativa, para que nestes casos e, coma regra xeral, a auxiliar  que este no andar  da primeira suba a facerse cargo do andar onde falte  o compañeiro ou  compañeira (Excepto nos casos nos que coordinación indique outro cousa).  Desde esta OS entendemos que os e as compañeiras que están nos andares terceiros, cuartos e quintos non se poden facer cargo de outro  andar e deixar o seu sen vixianza polo que agradecemos a decisión favorable da nosa petición.

DESDE ESTA OS SEGUIREMOS LOITANDO  POLOS NOSOS DEREITOS!!!. OS NOSOS  MAIORES MERECEN O MELLOR!!! E NOS, OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS, MERECEMOS UNHAS CONDICIONS  DIGNAS  NO TRABALLO!!!

Un atento saúdo.

Ana Belén Seijas Ortuño.

Delegada Sindical CUT A Coruña