• Número 392
  • 30 de abril de 2018

Universidades galegas

Eleccións ao Claustro na USC e UVIGO. Resultado no PAS

Na USC e UVIGO non sú se elixiu aos respectivos reitores

Na xornada electoral que viviron as universidades de Compostela e Vigo, o pasado luns, non só se elixiu a Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores. No sector do PAS tamén houbo eleccións.

Na USC, no noso colectivo, a gañadora foi a candidatura de A Trabe que obtivo 20 dos 30 postos. Na súa páxina comentaban:

“Estamos moi contentos de anunciarvos que A Trabe vén de conseguir 20 de 30 representantes no Claustro universitario, elixindo o total dos que se presentaron polo Campus de Santiago e 2 de 3 por Lugo. Así mesmo, felicitamos ao novo reitor, Antonio López, a quen lle esixiremos que cumpra cos seus compromisos de transparencia e maior participación e a quen lle seguiremos trasladando as reivindicacións do PAS.”

Polo que respecta á UVIGO, no sector do persoal de administración e servizos, con circunscrición única da que saíron 25 representantes de entre 58 candidaturas. Neste caso dúas candidaturas do PAS, Queicoiñas, 13 representantes, e Os Batáns, 10 representantes, conseguiron alcanzar conxuntamente un resultado que cualificaron coma “histórico” ao obter 23 claustrais dun total de 25. Os outros 2 representantes son da candidatura Compás.