• Número 392
  • 30 de abril de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Longa noite de pedra

A longa noite de pedra das persoas que promocionamos ao grupo A2 da escala xeral parece non ter fin. A unha promoción interminable xúntase, unha interminable espera para poder levar a efecto a toma de posesión. É imprescindible que se lle dea un empurrón ao proceso, parece que a Xerencia non ten ningunha intención de que se execute esta última parte do procedemento.

Roupa de traballo

Non se pode dicir que este ano non se avisase da petición da roupa de traballo. Coñecido o período e realizada a petición, nos dous primeiros meses do ano, entramos agora na nebulosa da concesión. Cando saberemos algo?.

Grupo de traballo de conciliación-acción social

Insisto en reclamar información sobre os avances, se os hai, nas deliberacións dos temas que anunciarades, supoño que acordos non os hai senón comunicariádelos.