• Número 392
  • 30 de abril de 2018

1º de Maio. Que viva a loita da clase obreira!!

1º de MAIO: non é unha ponte, é o día da clase traballadora

1º de maio. Nada que celebrar, moito polo que loitar!

O 1º de Maio de 1886, en Chicago, a clase traballadora paralizou a produción reclamando unha xornada laboral de oito horas. Unha vez mais a clase traballadora e o pobo, atrapados nunha espiral de falta de dereitos e liberdades, froito dunha política allea a nós, imposta polos distintos gobernos vasallos da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional e do Banco Central Europeo, que están usando como pretexto unha crise que non é mais que unha estafa social, aprestámonos a saír as rúas para seguir loitando.

Quen fala do 1º de maio coma unha ponte de vacacións debe saber que:

·         Está a faltarlle ao respecto á memoria da clase traballadora.

·         Está a ser cómplice da súa escravitude, porque non hai mellor persoa escrava que aquela que acepta o relato da clase dominante.

·         Está a esquecer que é un traballador ou traballadora cunha serie de dereitos que outros e outras pelexaron.

·         Está a caer no auto-engano de pensar que non ten que lembrar nada porque ao poder ir de ponte o movemento obreiro non ten nada que ver con el ou ela.

Hai trinta anos era impensábel que un traballador ou traballadora non soubera o significado deste día, e era imposíbel porque tiña memoria e conciencia de clase. A clase traballadora non pretendía ser o que non é, sabía quen era o seu inimigo e sabía que para ter dereitos tiña que pelexalos.

É hoxe cando o capital e a patronal están a aplicar as lexislacións máis regresivas dos últimos 50 anos, cando máis están a apertar os parafusos, cando máis dereitos nos están a quitar sen que haxa contestación algunha nas rúas. Iso si, somos felices na explotación porque podemos endebedarnos para consumir e para ir “de ponte” no 1º de maio, da ponte que nos tirarán se continuamos así.

Nós, este 1º de maio volvemos ás rúas no DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA, e na nosa memoria está a orixe deste 1º de maio.

Foi en Chicago, foi en 1886, máis de 200.000 traballadores e traballadoras, moitos deles emigrantes italianos e alemáns (eses, que ao igual que os españois que algo saben de emigrar, agora lle negan o pan aos refuxiados), puxéronse en folga reclamando unha xornada laboral de 8 horas, a que hoxe temos e que aos poucos vai medrando mentres imos de ponte. A folga rematou con violencia, con tres condenados a cadea e cinco condenados a morte. Ademais da represión conseguiuse outra cousa, sabedes cal? A xornada laboral de oito horas!

POLOS MÁRTIRES DE CHICAGO, POR TODAS NÓS, O 1º DE MAIO SAÍMOS A RÚA!

SÚMATE ÁS MANIS DA CUT

Vigo-11:00h-Praza Fernando Católico

Ourense-12:00h-Ponte Romana

A Coruña-12:30h-Praza de Pontevedra

Compostela-19:00-Praza 8 de Marzo